A palabra cálamo (do latín calamus, -i, 'cana', 'cana delgada cortada para escribir', e tamén 'frauta') pode referirse a:
- cálamo, pequena cana tallada oblicuamente, ou pluma de ave, tallada de igual forma na punta, que se utilizaba na antigüidade para escribir;
- cálamo, a parte inferior, oca, do raque da pluma dunha ave, que está inserida na pel. (véxase Pluma#Estrutura das plumas).
- cálamo ou pluma, cuncha interna calcaria das luras e outras especies de moluscos cefalópodos afíns, así chamada por analoxía cunha pluma de ave.
- cálamo, especie de frauta usada na antigüidade.
- cálamo, rizoma do ácoro (Acorus calamus), usado como condimento.