A curva de Rahn é un gráfico empregado para ilustrar unha teoría económica, proposta en 1996 polo economista americano Richard W. Rahn, que indica a existencia dun nivel no cal os gastos do goberno poden maximizar o crecemento económico. A teoría é utilizada por liberais clásicos para defender a idea da diminución nos gastos do goberno e da tributación. A curva con forma da letra U suxire que o nivel máis axeitado para o gasto do goberno está entre 15 e 25% do PIB.[1][2]