María Cruz Piñeiro Álvarez, nada en Goián (Tomiño) o 25 de abril de 1960,[1] é unha empresaria e escultora galega máis coñecida como Cuqui Piñeiro.[2]
Traxectoria
Filla do escultor e artista galego Xoán Piñeiro Nogueira[3] e licenciada en Xeografía e Historia en 1983, especialidade en Arte Moderna, pola Universidade de Santiago de Compostela, dirixe a fundición de bronce Arte Bronce Fundición[4] e a galería de arte co mesmo nome,[5] compaxinado coa súa faceta como artesá fundidora de esculturas de bronce, con propósito de destacar o oficio de broncista,[2] na que desenvolve a súa propia obra creativa en pezas únicas, deseños e series de figuras, animais e formas extraídas da propia natureza. Foi comisaria de diversas exposicións como a Exposición II Bienal de Artistas Galegas (Casa dás Artes. Concello de Vigo), a Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980 (Castelo de Soutomaior, Deputación Provincial de Pontevedra), ambas as dúas en 1990 ou a tamén dedicada ao seu pai, na Casa dos Alonso da Guarda en 2013, entre outras.[3]
Galería
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas