Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Cuntis.
Santa María de Cuntis é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cuntis. Limita coas parroquias de Arcos, Piñeiro, Estacas, Troáns e Cequeril, e cos concellos de Moraña e A Estrada. No ano 2009 tiña 2.390 habitantes, 245 menos que en 1986. En 1836 tiña unha poboación de feito de 1.316 persoas.
Patrimonio
Ten os petróglifos de Cartas e Cartas da Fóra (Cardecide), Outeiro do Forno de tella, Outeiro de Vales, Costa de Vales, Outeiro Grande, Outeiro do Moucho e Outeiro da Campá (no polígono industrial).
Conta cos castros de Castrolandín (escavado), Meira, O Castriño (Xinzo) e Laxos.
Galería de imaxes
-
Outeiro do Forno de Tella
-
Outra vista desde o castro
-
Castro de Castrolandín
-
Igrexa de Santa María dos Baños
-
Lugares e parroquias
Lugares de Cuntis
Parroquias de Cuntis
Notas
Véxase tamén
Outros artigos