Cunca do Polo Norte (Marte)

Accidente xeográfico extraterrestreCunca do Polo Norte

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
Tipoaccidente xeográfico Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoMarte Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas67°N 208°L / 67, -208 Editar o valor en Wikidata
CuadránguloQuadrângulo de Mare Boreum (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: marte

A Cunca do Polo Norte, ou a Cunca Boreal, é unha gran cunca ou planicie de baixa altitude que está situada no hemisferio norte marciano, e que cobre case o 40% do planeta. Chryse Planitia, o lugar de aterraxe da Viking 1, sería unha baía que se abre cara está cunca.

A Cunca do Polo Norte sería a zona que aparece en azul, exceptuando a zona que ocupa Utopia Planitia, a forma elíptica está interrompida pola rexión de Tharsis, que aparece en vermello.

Unha das posibles explicacións da baixa altitude, do relevo case plano desta cunca, e da falta de cráteres é que esta cunca tivo a súa orixe a través dun grande impacto dun meteorito. Dúas hipóteses compiten por dar unha posible resposta á orixe por colisión desta cunca: a primeira sería o resultado dun impacto a baixa velocidade (6 – 10 km/s), cun ángulo oblicuo e un diámetro duns 1.600 - 2.700 km;[1][2] a segunda hipótese extraída dos datos topográficos proporcionados pola Mars Global Surveyor e que coincide cos modelos que suxiren a formación dun cráter cunhas dimensións de 10.600 km por 8.500 km, o impacto estaría centrado nas coordenadas 67° N 208° E, parte do cráter sería recuberto polas erupcións que crearon a rexión do Tharsis. Existen tamén evidencias dun segundo posible cráter/impacto.[3][4] Está última hipótese, faría desta cunca e por moito, o cráter de impacto máis grande do Sistema Solar, aproximadamente con catro veces máis diámetro cá Cunca Aitken (na Lúa) ou que Hellas Planitia no hemisferio sur de Marte.[5]

Notas

  1. Marinova e o seu equipo; Aharonson, O; Asphaug, E; (2008). "Mega-impact formation of the Mars hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1216–1219. Bibcode:2008Natur.453.1216M. PMID 18580945. doi:10.1038/nature07070. 
  2. Hart, SD; Korycansky, DG; Agnor, CB; (2008). "Implications of an impact origin for the Martian hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1220–1223. Bibcode:2008Natur.453.1220N. PMID 18580946. doi:10.1038/nature07025. 
  3. Zuber, MT; Banerdt, WB; (2008). "The Borealis basin and the origin of the Martian crustal dichotomy". Nature 453 (7199): 1212–1215. Bibcode:2008Natur.453.1212A. PMID 18580944. doi:10.1038/nature07011. 
  4. Space.com (ed.). "Huge Impact Created Mars' Split Personality". Consultado o 01-04-2012. 
  5. Chandler, David (25-06-2008). MIT News, ed. "Solar system's biggest impact scar discovered: MIT scientists solve riddle of Mars' two-faced nature". Arquivado dende o orixinal o 26-03-2009. Consultado o 15-04-2010. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas