Unha cuberta crebada, cuberta en mansarda ou simplemente mansarda[1] é unha cuberta a dúas augas con dous declives, sendo a parte inferior máis pendente ca a superior[2]. Ás veces denomínase tellado francés por ser moi abundante este tipo de cuberta en Francia.
Porén o termo mansarda (tamén chamado de lucernario, lucarna ou lumieira) designa normalmente a fiestra disposta sobre a cuberta dun edificio formando unha especie de caseta, para iluminar e ventilar o faiado.
O recubrimento dos edificios mediante cubertas inclinadas xera un espazo, ás veces aproveitábel, denominado faiado. As mansardas típicas atópanse recuberta de tellas (as máis das veces en forma de escama), de lousas de xisto ou con chapas de cinc artisticamente cuñadas.
Por extensión, aplícase tamén o termo mansarda coma apelativo do propio faiado.
A casa tradicional galega poucas veces tiña unha cuberta con pendente de abondo para formar un faiado habitábel. Ao longo do século XX construíronse casas de cubertas de máis pendente para formar faiados, moitas veces con lucernarios. A finais de século comezaron a agromar as cubertas crebadas (non tradicionais en Galicia) para aproveitar máis espazo nos faios. A lei galega de construción non permite as cubertas crebadas nin a abertura de lucernarios ou mansardas nas cubertos agás as tipo velux[3].
Galería de imaxes
O edificio da Germania Life Insurance Company en Nova York, construído en 1911, cunha cuberta en mansarda de catro andares[4].
Diagrama da sección dunha cuberta crebada de estrutura de madeira; candansúa face ten o mesmo perfil.