Cuatro Torres Business Area (CTBA) é un parque empresarial de Madrid, formado fundamentalmente por catro rañaceos e o espazo comprendido por eles. Está situado no distrito de Fuencarral-El Pardo.
A Torre PwC acolle, entre outras empresas, un hotel. A parte superior da Torre de Cristal é un xardín. Cada torre ten varios andares de garaxe soterrados, e tamén un acceso soterrado para vehículos, que os conecta coa cidade. Xunto coas catro torres e dentro do recinto do parque empresarial localizarase o Centro Internacional de Convenciones de Madrid. Este edificio disporá de 70.000 m² de salas para conferencias e un auditorio principal con capacidade para 3.500 persoas. A construción deste edificio foille outorgada aos arquitectos Emilio Tuñón e Luis Mansilla.
Historia
A construción dos catro edificios comezou en 2004 e foron rematados entre o final de 2007 e comezos de 2008.