En lingüística, un cuantificador é aquela parte da oración que expresa unha magnitude, con maior ou menor precisión da realidade. Segundo a precisión, pódese distinguir entre cuantificadores indefinidos, definidos e absolutos. Poden ter función pronominal, cando suplen un sintagma nominal (collín algúns), ou función adxectiva, cando o acompañan (collín algúns libros).
Cuantificadores indefinidos
Non expresan a magnitude con exactitude. Sinalan obxectiva ou subxectivamente unha cantidade indefinida. Poden ser:
Apreciativos: Chega ben, xa temos bastantes cartos.
Correlativos: Non crin que tiveramos tantos cartos (manifestan unha valoración sobre a cantidade en relación a unha magnitude xa suposta)
Cuantificadores absolutos
Sinalan a cantidade total ou negan a existencia de calquera cantidade.
O vocábulo "cero" pode ser ás veces cuantificador absoluto: cero graos, cero euros.
Cuantificadores definidos
Precisan con exactitude as magnitudes cuantificando con precisión a realidade.
Os cuantificadores definidos unitarios dous, tres e catro poden tamén desenvolver a función de cuantificadores indefinidos: Só sei catro cousas da vida.
É salientable que o cómputo de base cen coas centenas está inda presente na fala: dez centos, once centos, trece centos,... dezanove centos
Desenvolven a mesma función os substantivos carteirón ('cada unha das catro partes en que algo está dividido) e quiñón ('determinada parte da ganancia ou herdanza).
Cuantificadores definidos colectivos
Tamén se chaman numerais colectivos.
Milleiros tamén é cuantificador definido colectivo.
Algúns substantivos son cuantificadores colectivos, mais non pronomes: bienio, trío, cuarteto, oitava, década, quincena, corentena (referido a días), lustro, século, milenio...