A Cuadrilla de Vitoria (en éuscaro: Gasteizko Koadrila) é unha das sete comarcas ou cuadrillas do territorio histórico de Áraba, no País Vasco. É unha institución propia do Antigo Réxime pero foi recuperada para atender e administrar as necesidades dos seus habitantes, especialmente nas zonas rurais.
Xeograficamente coincide co concello de Vitoria, a capital de Áraba, situada na zona occidental da Chaira arabesa. É a menos extensa das Cuadrillas de Áraba pero concentra 3/4 partes da poboación provincial.