A cruzada contra a coroa de Aragón foi un conflito bélico que durou dende 1283 até 1285. A cruzada foi declarada polo papa Martiño IV contra Pedro o Grande, pola súa intervención nos asuntos sicilianos en contra da vontade papal. A maior parte do conflito desenvolveuse en terras catalás, malia que os primeiros episodios producíronse na fronteira navarro-aragonesa. En vinganza, a coroa de Aragón atacou Mallorca e Occitania.
Pedro o Grande tivo que loitar contra o exército cruzado que apoiaba a Filipe III de Francia, composto por tropas do Reino de Francia, o Reino de Mallorca e a República de Xénova, contando só coas tropas catalás e valencianas,[1] e sen poder contar coa nobreza do Reino de Aragón que se abstivo de participar no conflito.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía