Crna mačka, beli mačor é un filme iugoslavo dirixido por Emir Kusturica que se estreou en 1998. Gañou o León de Prata á mellor dirección no Festival de Cine de Venecia. A tradución literal do título é "Gato negro, gato branco". O filme ten como linguas o romaní, o serbio e o búlgaro, que se intercambian con frecuencia.
Sinopse
Grga Pitić, un mafioso xitano que controla os vertedoiros de lixo, e Zarije Destanov, o orgulloso propietario dunhas obras de cemento, son amigos dende nenos. Agora teñen oitenta anos e sobreviviron xuntos a todo tipo de aventuras. Estando Zarije no hospital, o seu fillo Matka acode a Grga para pedirlle cartos. El e o seu socio Dadan necesítano para facer un gran negocio vendendo gasolina no mercado negro. Pero as cousas saen mal e Dadan ameaza de morte a Matka se non consegue que o seu fillo case coa súa única irmá solteira.
Personaxes
Galardóns e nomeamentos
- 1998: Venecia: León de Prata; mellor director.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas