María Cristina Francisco Vílchez, nada en 1966, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
Dependenta dun comercio, casada con Alberto Pardellas Álvarez, alcalde de Melón que foi inhabilitado, presentouse ás eleccións municipais de 2011 encabezando a candidatura do PPdeG[1] e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta.[2] Nas eleccións municipais de 2019 perdeu a alcaldía en favor de Emilio Luis Díaz do PSdeG.[3] En 2024 foi condenada por desobediencia á xustiza.[4]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos