Crepis albida é unha planta da familia das asteráceas de pétalos amarelos.
Descrición
Trátase dunha planta vivaz duns 20–30 cm e talos pouco ramosos. As follass están case sentadas, carecen de pelos glandulares malia estar cubertas dun denso tomento abrancuxado. Presenta un involucro groso, duns 2 cm de diámetro, coas brácteas ovado-lanceoladas, sendo as exteriores pouco máis longas que anchas. Tanto a corola como os aquenios que desenvolve posteriormente son amarelos.
Forma vital: Hemicriptófito[2]
Distribución e hábitat
Distribúese polo Mediterráneo occidental, na Península Ibérica, Francia e Italia. Habita en chans pedregosos, entre rochas e penas.
Citoloxía
Número de cromosomas de Crepis albida (Fam. Compositae) e taxóns infraespecíficos
Crepis albida subsp. asturica (Lacaita & Pau) Babc.[3]
2n=10.
Sinonimia
- Barkhausia albida var. albida
- Barkhausia albida var. macrocephala (Willk.) Rouy
- Barkhausia albida (Vill.) DC.
- Crepis albida subsp. albida
- Crepis albida subsp. asturica (Lacaita & Pau) Babc.
- Crepis albida subsp. grosii (Pau) Babc.
- Crepis albida subsp. longicaulis Babc.
- Crepis albida subsp. macrocephala (Willk.) Babc.
- Crepis albida subsp. scorzoneroides (Rouy) Babc.
- Crepis albida var. major Willk.
- Crepis asturica Lacaita & Pau
- Crepis grosii Pau
Notas