Inaugurouse en 1931 e está operado por Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya (FGC). Como Queralbs é o punto máis alto do val con acceso por estrada, o cremalleira é a única vía de acceso ao santuario de Núria e á estación de esquí a parte do camiño de montaña. O cremalleira converteuse nunha das iconas características do val e da comarca.
O traxecto ten catro estacións e un baixador. As estación son Ribes-Enllaç, Ribes-Vila, Queralbs e Núria. O baixador é Rialb, que funciona como parada facultativa, e está situado entre Ribes de Freser e Queralbs.