Cravo Fondo foi un colectivo poético xurdido en Santiago de Compostela en 1977.
Historia e características
O grupo xurdiu con vontade renovadora e autodefiníase como revolucionario, nacionalista e comprometido coa investigación creativa coa lingua e a literatura. Estaba formado polos poetas Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes, Xavier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcárcel, Fiz Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro.
En 1977 publicaron o seu único libro conxunto co título Cravo Fondo, que se abre cun manifesto que amosa a vontade de superación do socialrealismo epigonal pero sen renunciar a historicidade nin caer no esteticismo. Faise fincapé na necesidade dunha poesía que comunique realmente co pobo e fálase da necesidade de facer recitais non elitistas. O manifesto remata coa consigna: "Por Galicia, pola poesía, Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe".
Véxase tamén
Bibliografía
- Diccionario de literatura galega. IV Termos e institucións literarias (2003).