Crónica Rotense

Crónica Rotense
Páxina da Crónica Rotense
Título orixinalChronica Rotensis
LinguaLatín
Tema(s)Historia dos monarcas de Oviedo e do reino altomedieval de Galicia
Xénero(s)Crónica histórica
Data de pub.Século IX
FormatoManuscrito
Precedido porCrónica Albeldense
Seguido porCrónica Ovetense
Na rede
editar datos en Wikidata ]

A Crónica Rotense (Chronica Rotensis)[1] foi unha crónica escrita en latín no século IX, no noroeste da Península Ibérica. Por orde cronolóxica das crónicas que fan referencia á historia dos monarcas de Oviedo e os seus supostos antecesores, a de maior antigüidade é a Crónica Albeldense e, de seguido, a Crónica de Afonso III da cal, a rotense, adoita ser considerada como a súa primeira versión.

Características

A denominación de "Rotense", vén do mosteiro onde se descubriu o manuscrito desta versión da Crónica de Afonso III.[2]

Desta última, a primeira "versión" é a Crónica Rotense, que é a máis completa,[2] e, posteriormente, xorde a Crónica Ovetense, a cal daba maior énfase neogoticista ao mito de Paio como sucesor dos Reis de Toledo, e polo tanto do Reino visigodo; a finalidade destas dúas crónicas foi a de demostrar a hereditariedade dos monarcas visigodos ata os monarcas asturianos. O texto indica tamén a continuidade do Reino suevo dentro do reino visigodo, afirmando que Vitiza reinaba en Tui sobre os suevos mentres o seu pai Éxica o facía sobre os visigodos.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas