O Coto do Castelo son os restos dunha edificación situados na parroquia de Graba (Silleda).
Historia
O recinto, situado no lugar do Souto, é un montículo cunha ampla panorámica sobre o val do río Toxa, que conserva restos de muros e grandes perpiaños, de importancia arqueolóxica relevante. Puido tratarse dun antigo castro, pero nos séculos medios parece mais ben que puido ser o enclave dunha torre vixía.
A tradición oral asegura que alí habitaban os famosos mouros.