O corpo esponxoso é a máis pequena das tres columnas de tecido eréctil que se atopan no interior do pene (as outras dúas son os corpos cavernosos). Está situado na parte inferior do pene[1].
Fisioloxía
A súa función é evitar que, durante a erección, se comprima a uretra (o conduto polo que se expulsan tanto o seme como os ouriños). Cando o pene se atopa nese estado, contén soamente o 10 % do sangue, xa que os corpos cavernosos absorben o 90 % restante.
Existen estruturas e funcións correspondentes no clítoris das mulleres.
O glande é a derradeira porción e a parte máis ancha do corpo esponxoso.