O corpo de Voronin é un orgánulo arredondado de 150 a 500 nm de diámetro, rodeado de membrana e cheo dunha matriz densa cristalina, derivado dos peroxisomas, que se encontra só en certos xéneros de fungosascomicetos filamentosos, como, por exemplo, Aspergillus, Neurospora, Fusarium ou Magnaporthe. O principal compoñente da súa densa matriz é a proteína Hex1. Os corpos de Voronin están xeralmente asociados ao poro septal que separa as células nas hifas, pero tamén se poden concentrar na parte apical das hifas en certos momentos do ciclo vital[1].
A primeira función que se describiu deste orgánulo foi a de tapar o poro septal cando se producen danos nas hifas, para evitar a perda do contido celular da hifa[2]. En Magnaporthe grisea, que infecta as raíces da planta do arroz, parece que os corpos de Voronin se requiren para o correcto desenvolvemento das estruturas infecciosas (apresorias) que invaden a raíz e para a progresión da infección, e parece que teñen unha función protectora contra o ambiente adverso que atopa no seu hospedador e contra o estrés nutricional, como a falta de nitróxeno[3].
↑Managadze, D.; Würtz, C.; Sichting, M.; Niehaus, G.; Veenhuis, M.; Rottensteiner, H. (2007). "The peroxin PEX14 of Neurospora crassa is essential for the biogenesis of both glyoxysomes and Woronin bodies". Traffic (Copenhague, Dinamarca)8 (6): 687–701. ISSN1398-9219. PMID17461798. doi:10.1111/j.1600-0854.2007.00560.x.