A Coroa de Comerford, Comerford Crown ou Ikerrin Crown era un sombreiro de ouro atopado en Irlanda en 1692 que era propiedade da familia Comerford.[1][2]
Histora e descrición
O obxecto de cinco onzas foi descuberto por cortadores de turba a uns tres metros de profundidade no outeiro Devil's Bit, ao noroeste de Templemore, condado de Tipperary
O sombreiro foi adquirido por Joseph Comerford, quen pouco despois marchou a Anglure, Francia. O abade MacGeoghegan mencionou o artefacto na súa Histoire d'Irlande en 1758:
"Esta curiosa parte da antigüidade foi vendida a Joseph Comerford e debe ser conservada no Castelo de Anglure, onde el comprara a propiedade".[3]
O sombreiro de ouro está hoxe perdido, e probabelmente foi fundido, Unha teoría di que se fundiu en Francia, onde a familia se exiliara, durante a Revolución francesa ou o reinado do Terror.