O Corno de África é unha zona xeográfica da África oriental, situada na desembocadura do Mar Vermello co océano Índico, na parte meridional do golfo de Adén, fronte á península de Arabia. Cobre aproximadamente 2000000 de km² e nela viven uns 100 millóns de persoas. É unha das rexións máis pobres do mundo, onde a fame levou e segue levando á morte de millóns de persoas.