Corc mac Luigthig, nado en 340, tamén chamado Conall Corc, Corc de Cashel e Corc mac Láire, é un heroe dos contos irlandeses que forma parte da lenda orixinal dos Eóganachta, un clan que traza os seus descendentes dende Conall Corc e tomaron o seu nome do seu devanceiro Éogan Mór. A primeira xeración á que pertence son coñecidos como os Deirgtine. Probablemente era un neto de Ailill Flann Bec, e tiña por curmáns a Dáire Cerbba e a Crimthann mac Fidaig. Este último é o seu opoñente nun coñecido ciclo de historias.
Véxase tamén
Bibliografía
- Sproule, David, "Origins of the Éoganachta", in Ériu 35 (1984): pp. 31–37.
- Sproule, David, "Politics and pure narrative in the stories about Corc of Cashel", in Ériu 36 (1985): pp. 11–28.