A Copa Galega de Fútbol Gaélico é unha competición de fútbol gaélico nacida na tempada 2013/14 baixo a organización da Asociación Galega de Fútbol Gaélico co obxectivo de ser a gran festa do fútbol gaélico en Galicia.
Na primeira edición, celebrada na Estrada o 14 de xuño de 2014, participaron oito equipos na categoría masculina e catro na feminina. Na segunda edición participan nove equipos na categoría masculina e seis na feminina. Na terceira edición, xogada en Xinzo de Limia o 7 de maio de 2016, participaron nove equipos masculinos e sete femininos.
Edicións
- Categoría masculina
- Categoría feminina
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas