Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Grazas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Grazas","replies":[]}}-->
Si, non sei qué me ofuscou pra escribir un Manter. :) --Xabier Cid Talk, please 19:58, 10 de agosto de 2010 (UTC)
RE: Xornal
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-RE:_Xornal","replies":[]}}-->
Automaticamente non vai poder ser (así, de primeiras, non se me ocorre o xeito). Se te animas, podes redactar unha nova para o vindeiro número con todos os acontecementos que se referencian nesas páxinas. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:40, 11 de agosto de 2010 (UTC)
- Ben, o problema é que non se podería "arquivar", xa que ao modificar a posición o
<noinclude>
, cambiaría o texto en todas as páxinas, polo que non podemos arquivar este tipo de cousas nun número do Xornal. Non sei se me explico. Aínda así, a idea paréceme boa. --Toliño Fala aquí comigo 16:22, 11 de agosto de 2010 (UTC)
- Pois, non che sei... Sigo preferindo redactar un texto para a sección Novas e anuncios; aínda que sexa un copia-e-pega desas dúas páxinas. Ocórreseche algo? --Toliño Fala aquí comigo 16:52, 11 de agosto de 2010 (UTC)
- Veño de ter unha revelación: o que si podemos facer é unha sección permanente que se actualice automaticamente cos cambios. E ligar desde cada número do Xornal con esa páxina dicindo algo como Non esquezas estar ao día da actualidade e das novas da comunidade da Galipedia!. --Toliño Fala aquí comigo 17:18, 11 de agosto de 2010 (UTC)
- Non, se é que estou intentando axudar a Xabier cos patterns das equipacións de fútbol e toleou a miña cabeciña... --Toliño Fala aquí comigo 17:32, 11 de agosto de 2010 (UTC)
- Aiii!! Dende logo, tanta lea... Aquí tes a páxina do Xornal. E a ligazón aparece en todas as páxinas do Xornal! Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:06, 11 de agosto de 2010 (UTC)
Flickr
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Flickr","replies":[]}}-->
Juaaaaaassss. Non me lembraba de que eu xa non era administrador... :D :D :D Pois nada, terá que facelo outro. Grazas por avisar--Xabier Cid Talk, please 19:16, 11 de agosto de 2010 (UTC)
- :) :) Deixeino por falta de tempo. Se chegado o caso manteño constancia e demais, xa veremos qué opina a comunidade. Pero é mellor aire novo. --Xabier Cid Talk, please 19:21, 11 de agosto de 2010 (UTC)
Técnicas de dominación
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-T\u00e9cnicas_de_dominaci\u00f3n","replies":[]}}-->
Ola
O artigo é unha traducción doutro artigo con fontes e bibliografia. Sabes por que aparece "Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada (...) "?
Gracias.--Brixida 20:25, 11 de agosto de 2010 (UTC)
Seresco
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Seresco","replies":[]}}-->
Ola, HombreDHojalata. Parabéns por identificar o posible caso de autopromoción. Well spotted!! Con todo, estes casos non son de borrado rápido (non é exactamente spam) e o procedemento esixe abrir unha discusión antes do seu borrado. Retirei a túa marca de lixo e abrín a votación. Un saudiño --Xabier Cid Talk, please 08:34, 13 de agosto de 2010 (UTC)
RE: Política de bots
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-RE:_Pol\u00edtica_de_bots","replies":[]}}-->
Pois así sen comprobalo, ten toda a pinta de vir dunha tradución e non ten sentido. Ademais, a ligazón sería correcta nalgún momento, pero agora está completamente desfasada. O certo é que existen moitas páxinas de axuda e políticas demasiado vellas que cómpre actualizar; eu vou aos poucos, facendo o que podo, pero non dou para máis.
Tratándose dunha política, como se indica na cabeceira, será mellor abrir un fío na conversa. --Toliño Fala aquí comigo 10:33, 13 de agosto de 2010 (UTC)
- A ver, dáselle a bandeira ou status de bot localmente. É dicir, os burócratas da Galipedia non teñen "xurisdición" máis aló da Galipedia. É o operador o que vai pedindo o status en todos aqueles wikis nos que quere que o seu bot funcione. Non sei se é isto polo que preguntas... --Toliño Fala aquí comigo 10:41, 13 de agosto de 2010 (UTC)
Comentario
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Comentario","replies":[]}}-->
Grazas por asinar. Esquecéuseme. Un saúdo. --PepedoCouto (dimo aquí) 17:00, 14 de agosto de 2010 (UTC)
Fotos
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Fotos","replies":[]}}-->
Boas, xa pasei as fotos que me dixeches ó grupo de Flickr, o que pasa é que pasan de 14, así que as que faltan a ver si as paso para a semana. Saúdos, --Elisardojm 21:25, 18 de agosto de 2010 (UTC)
Fotos
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Fotos_2","replies":[]}}-->
Ola, HombreDHojalata. Vin as mensaxes que me deixaches e como non sabía como poñer o da orixe e da licenza, busquei outras fotos que a tiña e imitei esa forma de poñelo. Poderíaslle botar unha ollada para ver se esta ben ou hai algún erro? Son as seguintes:
Km3Po205.jpg,
Banda_de_música_de_Silleda_(1985).jpg
e unha nova que subín, Escola_Ponte.jpg
Grazas--Pontesiño 15:04, 24 de agosto de 2010 (UTC)
Fotos
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Fotos_3","replies":[]}}-->
Ola, bótalle un vistazo a foto Ficheiro:Descargaderoalmería.JPG para ver se serve así o cadriño e se vale poñollo as demais. Un saúdo--AMPERIO 11:05, 25 de agosto de 2010 (UTC)
Re:A mesma foto en dous lugares
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Re:A_mesma_foto_en_dous_lugares","replies":[]}}-->
Creo que xa está solucionado, parece que a imaxe da igrexa de Santiago de Rubiás dos Mixtos corresponde ao lugar de Santiago, Rubiás dos Mixtos, Calvos de Randín. Saúdos. --Xas (conversa) 21:44, 26 de agosto de 2010 (UTC)
Templo de Santalla de Bóveda
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Templo_de_Santalla_de_B\u00f3veda","replies":[]}}-->
Olla a ver se che serve o que che deixei en Conversa:Templo de Santalla de Bóveda. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:32, 31 de agosto de 2010 (UTC)
Xaikhismo
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Xaikhismo","replies":[]}}-->
Perdoa o atraso en contestar, estiven moi leado este verán. Paseime e a páxina está borrada. Poderíasme dicir o que puxeches, por favor? Chabi 16:12, 2 de setembro de 2010 (UTC)
Categorías
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Categor\u00edas","replies":[]}}-->
Graciñas, HombreDHojalata! Teño que recoñecerche que xa sabía ese método, o que pasa é que nos artigos que xa estaban categorizados da forma incorrecta érame máis cómodo engadir a categoría facéndoo así que empregar o método correcto, porque implicaría borrar como estaban as demáis...sonche un pouco preguiceiro..je,je..Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 13:42, 4 de setembro de 2010 (UTC)
- Aínda que concordarás comigo en que a consecuencia práctica é a mesma...quedan igualmente ordenados...--Paradanta (Cóntame) 13:45, 4 de setembro de 2010 (UTC)
Enlaces añadidos al articulo sobre la escritora Daina Chaviano
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Enlaces_a\u00f1adidos_al_articulo_sobre_la_escritora_Daina_Chaviano","replies":[]}}-->
Hola HombreDhojalata. He añadido varios enlaces para completar la información al perfil de la escritora Daína Chaviano. También actualicé la caja de datos de la autora. Por favor, revisa el artículo para ver si es posible quitar los avisos superiores de que era necesario añadir enlaces para Wikificar el texto. Espero que con la bibliografía que añadí sea suficiente para que podais eliminar los avisos. Saludos, --Ernestolake 19:02, 4 de setembro de 2010 (UTC)
Benvidas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Benvidas","replies":[]}}-->
Pois si, grazas, xa o corrixín. --Xas (conversa) 19:01, 4 de setembro de 2010 (UTC)
Lo lamento
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Lo_lamento","replies":[]}}-->
Hola, lamento que mi entusiasmo excesivo por una autora haya provocado sospechas de que quiero promover a alguien que no creo que necesite promoción. Me pareció que la ganadora de uno de los Premios de Novela Azorín en España merecía estar en la Wiki de Galicia, como lo está en otras Wikis y diccionarios, incluyendo la Enciclopedia Británica. Es cierto que he contribuido con más entradas a esta autora que a otros (me fascina su literatura, y la escogí como tema de mi tesis en la Univ.), pero también he sido contribuyente regular de Wiki en muchos otros temas y autores. Si deciden borrarla, no importa. De cualquier modo seguiré contribuyendo con Wikipedia en este u otros idiomas, con otros temas y autores. Un saludo cordial,--Ernestolake 20:07, 4 de setembro de 2010 (UTC)
Hugo García
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Hugo_Garc\u00eda","replies":[]}}-->
Moi boas, parabéns polo artigo, só fixen pequenos arranxos sen importancia. Un saúdo. --Imxavitooh 14:27, 9 de setembro de 2010 (UTC)
Article request
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Article_request","replies":[]}}-->
Hi! Where do I put my article request? Donde está la ubibacion de solicitudes de artículos?
Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil (name from http://www.fomento.es/MFOM/LANG_GL/DIRECCIONES_GENERALES/ORGANOS_COLEGIADOS/CIAIAC/default.htm ), needs an article in the Galego Wikipedia/necesita un artículo en la Wikipedia Galego.
See/Vease: en:Civil Aviation Accident and Incident Investigation Commission and/y es:Comisión de Investigación de Accidentes e Incidentes de Aviación Civil
Thank you/Gracias:
WhisperToMe 10:27, 12 de setembro de 2010 (UTC)
Programación da TVG
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Programaci\u00f3n_da_TVG","replies":[]}}-->
Ola, poderías mirar que fixen, que me cargei o modelo de programación da TVG. Gracias, repaseino varias veces e non sei onde lle dei.--Cheluco 18:55, 17 de setembro de 2010 (UTC)
- Xa o amañei pero non sei onde tiven o fallo.--Cheluco 19:41, 17 de setembro de 2010 (UTC)
Ligazóns interlingüísticas en categorías
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Ligaz\u00f3ns_interling\u00fc\u00edsticas_en_categor\u00edas","replies":[]}}-->
Feito! Graciñas e un saúdo --Xermán 19:20, 17 de setembro de 2010 (UTC).
Conversa modelo:Monumentos de Valencia
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Conversa_modelo:Monumentos_de_Valencia","replies":[]}}-->
Oes, non te me piques, eh? Un punto pode ser o mesmo un erro que un modo de comunicación criptográfica. A próxima vez preguntareiche. Por certo, deixeiche unha preguntiña na páxina en cuestión. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:58, 20 de setembro de 2010 (UTC)
Peirao de Mera, Maianca
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Peirao_de_Mera,_Maianca","replies":[]}}-->
Ola. Escríboche isto aquí (e a Xoacas na súa conversa) porque a páxina onde surxiu a dúbida está pechada a edicións (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Imaxe_da_semana/Propostas_pechadas/2010 pola altura de Liáns, Oleiros.Peirao.jpg). Efectivamente, esa imaxe é do peirao de Mera, pero da parte de Mera que pertence a Maianca. O límite das parroquias de Serantes e Maianca está aínda máis adiante do que di Xoacas; correspóndese máis ben con algún punto entre a estrada que vai a Veigue e a farmacia de Mera (para quen non coñeza, coord 43º 22' 41.87 N, 8º 20' 14.1 W). Concordo en que habería que tentar mudarlle o nome á foto, porque leva a confusión. Vou ver se o dou feito; se non, pido axuda. Saúdos--vilachan 09:31, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Uf, non podo, non son administrador. E menos mal, porque me parece bastante difícil de facer. ;-) --vilachan 09:44, 30 de setembro de 2010 (UTC)
- Moitas grazas, agora xa entendo o que había que facer.--vilachan 21:33, 30 de setembro de 2010 (UTC)
Referencias
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Referencias","replies":[]}}-->
Ola, HombredHojalata. Quería deixarche unha mensaxe porque vin que facías algo que non é moi correcto. Aínda que teñas razón é que a frase no artigo de Luis Caruncho se poida sacar das ligazóns externas, unha petición de {{Cómpre referencia}} hai que resolvela achegando a referencia, é dicir, sinalando na demanda exactamente e de forma específica cal é a fonte na que nos apoiamos pra dicir iso. ;) Se tes calquera dúbida, estou ao teu dispor. :) Un saudiño. --Xabier Cid Talk, please 22:31, 16 de outubro de 2010 (UTC)
- Ola, HombredHojalata. Comparto contigo o da dubidosa afirmación e o seu carácter pouco enciclopédico. :) Pero o xeito de referenciar non é unha "opinión" miña. É como funcionan as cousas na wikipedia. As ligazóns externas non son referencias. As referencias son acotacións que se inclúen como chamada no propio texto do artigo. Esa é unha das diferenzas entre referencias e ligazóns externas. O que está facendo Cheluco é no 99% das veces correcto: pedir referencias para unha afirmación dubidosa. Ante iso, pódese ou ben ser preguiceiro e agardar que o fagan outros —o meu caso—, ou pódese achegar esa referencia ou ben intervir o texto nos sentidos que antes apuntabas ti (pois borrar a frase porque non é enciclopédica, matizala en base a novas fontes, re-redactala etc.). O único que non é correcto conforme as normas e costumes da wikipedia é borrar a petición de referencia. Pero non pasa nada. Trátase de ir mellorando, e con esa intención cho sinalei. Para a próxima, farémolo mellor e xa está. Un saudiño. --Xabier Cid Talk, please 09:04, 17 de outubro de 2010 (UTC)
Cea do sábado 23
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Cea_do_s\u00e1bado_23","replies":[]}}-->
HombreDHojalata, maniféstate.[1] Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 09:55, 19 de outubro de 2010 (UTC)
Lugo
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Lugo","replies":[]}}-->
Ola HombreDHojalata. Grazas polo aviso, non me fixara
Un saúdo.--Adorian (fálame) 11:36, 23 de outubro de 2010 (UTC)
Páxina de conversa
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-P\u00e1xina_de_conversa","replies":[]}}-->
HombreDHojalata, aquí queda o que buscas, pasado a xenérico e sen nomes.[2]. Pode ser que sexa bo pasalo a unha páxina de resolución de conflitos tipo A Taberna. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:38, 26 de outubro de 2010 (UTC)
- As páxinas de conversa polo xeral si se borran á par que borramos o artigo. Así, den pensado, concordei co que dicía xa de primeiras Lameiro de que non había razón para mantela, e Xoacas debeu pensar igual porque tamén optou por que fose borrada. Por outra banda, eu crin que podía ser interesante manter a conversa cun aquel de xenérico para a resolución de futuros conflitos sen manchar o nome de ninguén, e por iso gardei a parte relevante nesa páxina que che pasei aí arriba. Iso é todo. De calquera maneira, fala con Lameiro se aínda lle ves dúbidas, porque se cadra el pode achegar unhas razóns de máis a máis que, xa digo, a min me convenceron. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:16, 27 de outubro de 2010 (UTC)
Artigos
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Artigos","replies":[]}}-->
Ola. Eu non entendo é porqué un usuario borra o artigo da comunidade porque a unha persoa que non participa activamente nesta comunidade decidiuno nunha enciclopedia independente. RedeWa 11:53, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Re: Graciñas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Re:_Graci\u00f1as","replies":[]}}-->
Non hai de que :-) --Paradanta (Cóntame) 15:50, 1 de novembro de 2010 (UTC)
Imaxes Luna 3 na NASA
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Imaxes_Luna_3_na_NASA","replies":[]}}-->
Non sei se poderás axudarme, pero ti saberías dicirme se estas imaxes [3] que son da misión soviética do Luna 3 e que están no arquivo da NASA son de libre uso?. Poidas ou non grazas.--Cheluco 21:29, 8 de novembro de 2010 (UTC)
- Grazas, pois entón subo unha decontado a Commons.--Cheluco 16:12, 9 de novembro de 2010 (UTC)
- O meu gozo nun pozo, no marcador que teñen da NASA hai a seguinte indicación:"The NASA website hosts a large number of images from the Soviet/Russian space agency, and other non-American space agencies. These are not necessarily in the public domain", e é precisamente o caso, é do programa espacial soviético e na páxina da NASA non pon se está no dominio público ou non, e se o subo a Commons o máis probable é que mo borren por non poder acreditar certamente que están no dominio público. Mágoa.--Cheluco 16:16, 9 de novembro de 2010 (UTC)
Actualización
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Actualizaci\u00f3n","replies":[]}}-->
Boa noite, HombreDHojalata. Acabo de actualizar os datos de mantemento. A ti que se che dan ben estas cousas pódenche axudar a ter unha guía. [4]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 01:31, 19 de novembro de 2010 (UTC)
Preguntas sobre
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Preguntas_sobre","replies":[]}}-->
¿Poderías votarnos unha man coas dúbidas que hai en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Dereitos_tras_70_anos_da_morte_do_autor?. Sobretodo sería interesante saber, a ciencia certa, si as reproducións facsímiles de obras que xa non teñen dereitos de autor están á súa vez libres de dereitos de autor. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 02:44, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)
Emma Thompson
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Emma_Thompson","replies":[]}}-->
Gustariame coñecer o motivo do cambio da foto de Emma Thompson. Grazas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Aralenorimaki (conversa • contribucións) 14:09, 31 de xaneiro de 2011
Se a foto é o de menos, a min gustarme non me gusta ningunha, aínda así as cousas é mellor falalas que cambialas directamente (ou igual son eu que levo pouco tempo). En canto á ampliación do artigo non teño problema, xa o tiña previsto.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Aralenorimaki (conversa • contribucións) 19:33, 31 de xaneiro de 2011
Emma Thompson
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Emma_Thompson_2","replies":[]}}-->
Nono comparto, para min esa non é a forma de facer as cousas, e igual o que está errado eres ti. Se eu tomo a decisión de optar por unha determinada foto e chegas ti e tomas a decisión de elixir outra é porque pensas que a túa decisión é mellor ca miña e iso dificilmente vai acabar ben. Estás desprezando o que fixo outra persoa -á que non coñeces de nada por certo- e impoñendo o teu criterio de forma totalmente arbitraria. Unha cousa é completar un artigo, escribir algo que non estaba, cambiar algo que era erróneo, etc., pero non cambiar algo "porque a min me gusta máis así". Se esa é a forma de traballar en Galipedia e todos estades de acordo paréceme estupendo, pero tamén os digo que "alá vós". A min eso dende logo non me interesa. Un saudiño. E aquí tes a firma --Aralenorimaki 13:57, 1 de febreiro de 2011 (UTC)
Coia
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Coia","replies":[]}}-->
Ola, HombreDHojalata, ben tornato. Ti, como vigués de pro, saberías dicirme se fixen ben en mover Coia, Coia, Vigo a Barrio de Coia, Vigo? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:22, 5 de marzo de 2011 (UTC)
RE: Referencias
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-RE:_Referencias","replies":[]}}-->
Pois xa que o dis, teño que dicir que nunca o tiven claro. De feito, na Galipedia hai artigos que teñen antes e despois dos signos de puntuación as referencias. Persoalmente, adoito poñelas antes, non sei por que a verdade. Pero se é despois, pódome afacer a iso a partir de agora. En calquera caso, sería bo pór a traballar un bot que fixese os cambios. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:37, 8 de marzo de 2011 (UTC)
RE: Modelo:Político
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-RE:_Modelo:Pol\u00edtico","replies":[]}}-->
Pois cómpre unha fusión de ambos os modelos. --Toliño Fala aquí comigo 20:11, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Imaxes
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Imaxes","replies":[]}}-->
Boas.
Gracias pola axuda.
Non me dou enterado como é que funciona isto...
A ver, por exemplo esta imaxe http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:Rebentabois.jpg Para correxir e engadir os datos que se me piden premo "editar" http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ficheiro:Rebentabois.jpg&action=edit e vexo escrito isto {AutoriaPropiaSenOrixe|11-03-2011} ???? e daquela que? Xa a correxistes? Serve así? Non acabo de entender...
As imaxes que suba claro que son todas miñas, están no flickr http://www.flickr.com/photos/25347364@N06/2387286321/ ainda que eu suboas á galipedia directamente desde o arquivo do computador, desde o flickr tampouco sei como se fai.
O que vou facer é subir outra foto á galipédia tentando editala en principio como é o debido e logo xa me diredes se está ben ou non. Mal raio que complicado é isto !
Pois nada, moitas gracias pola axuda.
Apreta forte.
A Florida
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-A_Florida","replies":[]}}-->
Ola HombreDHojalata, como sei que ti andas traballando nas parroquias do concello de Vigo, quería preguntarche se sabes por que non figura na Galipedia a parroquia da Florida, cando no Nomenclator Oficial da Xunta [5] si aparece como tal parroquia. E por outra parte nós temos como parroquia Cíes, Vigo cando no Nomenclator non figura. Xa non existe A Florida como parroquia? É Cíes unha parroquia? Saúdos. --Xas (conversa) 15:39, 13 de marzo de 2011 (UTC)
- Grazas, non o vira. Saúdos. --Xas (conversa) 15:39, 13 de marzo de 2011 (UTC)
RE: Galicitas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-RE:_Galicitas","replies":[]}}-->
Coido que non existe nada así. En calquera caso vou investigar algo por aí (pode que hoxe non, pero mañá teño máis tempo). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:46, 14 de marzo de 2011 (UTC)
Santa Baia e Santa Eulalia
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Santa_Baia_e_Santa_Eulalia","replies":[]}}-->
Tes razón no fondo, non cha discuto, pero cos topónimos temos que cinguirnos ó Nomenclator, e no Nomenclator usan a forma Santa Eulalia de Batalláns. Eu diría que terás que deixar Santa Eulalia. Síntoo, Pedro --Lameiro (conversa) 22:42, 19 de marzo de 2011 (UTC)
Logo do DLR
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Logo_do_DLR","replies":[]}}-->
Recibin o logo do DLR con permiso da organización, non sei porque o retiras.
" Dear Sir, we give you with pleasure the permission to use our Logo (attached) for your internet article.
Please name as origin “DLR”. Best regards, Michael Walter [email protected]
www.DLR.de
Se tes algunha dubida,fala conmigo.--Suarez ruibal 11:45, 21 de marzo de 2011 (UTC)
Ao parecer foi Xas. Non sei porque non falou antes conmigo, ou co DLR alo menos.--Suarez ruibal 15:52, 21 de marzo de 2011 (UTC)
A verdade e que me autorizaron parao artigo o uso do logo o cal non e igual a que só para ese uso. De todolos xeitos, na wikipedia alemana teñen un aviso especial paraa logotipos. Non sei moito de licencias, podemos consultar mais en concreto con DLR cales con os limites do permiso ou si pode usarse co crédito do DLR. na wikimedia commons. Un saudo,--Suarez ruibal 15:30, 22 de marzo de 2011 (UTC)
A ortografía de Atari
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-A_ortograf\u00eda_de_Atari","replies":[]}}-->
Vou deixarche o avisiño de corrección no artigo Atari porque non quero empezar a marear ao xeito de Penélope con "ti fai que eu desfago". Pero suxíroche dúas cousas:
- Antes de editar un artigo, asegúrate de que non hai niguén editando, porque lle podes facer un bo destrozo e derramarlle todo o traballo, eu solucioneino "pola brava", porque neste caso era fácil, pero me ten pasado con outras cousas e resulta moi frustrante ver que o traba llo de media hora vai ao carallo por unha correccionciña de tres ou catro palabras (ou de unha, coma no teu caso).
- Como supoño que sabes falar galego, suxíroche que, en lugar de ir poñendo carteliños, adiques un segundo máis do teu valioso tempo, tan valioso coma o dos demais, e te molestes en corrixir o que creas que está mal. Igual que eu me molestei en traducir este artigo, que persoalmente non me importa nada, pero que era o camiño para darlle acobillo a varios artigos que estaban marcados como "orfos".
--Angeldomcer 18:33, 23 de marzo de 2011 (UTC)
Grazas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Grazas_2","replies":[]}}-->
Grazas polo teu comentario sobre as ligazóns. Non me percatara. Saúdos! Ramiro Torres 05:14, 29 de marzo de 2011 (UTC)
Río Corgo ou Río do Corvo
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-R\u00edo_Corgo_ou_R\u00edo_do_Corvo","replies":[]}}-->
Boas compañeiro. Teño unha dúbida sobre isto. ¿Podes axudarme?. Graciñas. JonnyJonny 11:07, 3 de abril de 2011 (UTC)
Suráfrica
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Sur\u00e1frica","replies":[]}}-->
Pois por coherencia o topónimo correcto ha ser Suráfrica, forma que usa por exemplo o xornal Galicia hoxe. Non sei se Sudáfrica é incorrecto, pero parece que os académicos do VOLGa van por aí. Existen publicacións galegas que usaron Sudáfrica (creo que a forma maioritaria), África do Sur (sinónima menos usada); mais parece deducirse que houbo unha revisión do topónimo (e do xentilicio tamén) e que agora se decantan por Suráfrica. Na Galipedia creo que se usa Sudáfrica por norma, e probabelmente o haberá que modificar. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 21:30, 5 de abril de 2011 (UTC)
Grazas pola benvida, é o meu desexo achegar o que poida á Galipedia, dentro das miñas posiblidades. Un saúdo.
Caracol
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Caracol","replies":[]}}-->
Isto é todo o que teño. ¿Váleche? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:48, 17 de abril de 2011 (UTC)
- Nada ho. A mandar, que pa iso estamos. Pedro --Lameiro (conversa) 11:52, 17 de abril de 2011 (UTC)
sen IW
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-sen_IW","replies":[]}}-->
Xa sei que nos meus artigos non hai interwikis, pero se te fixas son artigos moi específicos que non sempre atopo na wiki en castelán e moito menos na inglesa. E algunhas veces buscando o artigo equivalente noutro idioma non hai una correspondencia específica.
--Silverfox 02:03, 20 de abril de 2011 (UTC)
- Se algún non che parece apropiado, bórrao se queres, eu fíxenos co obxectivo de ter unha boa base de datos sobre a anatomía humana. Se non os ves noutras wikis é porque ou ben non afondaron neste tema.
--Silverfox 14:06, 20 de abril de 2011 (UTC)
Escudo Celanova
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Escudo_Celanova","replies":[]}}-->
Vexo que non é valido o que eu fixen para subir o escudo do concello de Celanova. Como tería que facer para subir un escudo de Celanova? Preguntoche por que é algo máis lioso ademais eu subino como se fose unha foto normal é non o categoricei en ningures por que non sabía porque hai escudos na categoria de oficiais e escudos na categoria de non oficiais. Un saúdo.--Doradorodriguez (fálame) 06:30, 21 de abril de 2011 (UTC)
Celanova
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Celanova","replies":[]}}-->
Moitas grazas pola túa resposta. Haber como me arranxo para conseguir unha foto dun escudo de de Celanova que non teña Copiright...
O da foto panoramica tes razón é moi bonita mais eu tratei de arranxar o artigo de Celanova e para iso seguín un guión que aparecía na Taberna e que explicaba que aí tiña que ir o escudo e non unha foto da vila. Por iso quitei esa panorámica. Cando vaia avanzando no artigo porei algunha foto e seguramente porei esa que ti me dis. Un saúdo.--Doradorodriguez (fálame) 07:17, 21 de abril de 2011 (UTC)
Grazas pola benvida
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Grazas_pola_benvida","replies":[]}}-->
Moitas grazas pola benvida, tratarei de contribuír no que poida ^^
--CaptainGamer 22:52, 24 de abril de 2011 (UTC)
Foto de Pereiro
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Foto_de_Pereiro","replies":[]}}-->
Pódeste ocupar ti disto? [6] Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:38, 26 de abril de 2011 (UTC)
- Moitas grazas, HombreDHojalata. --Atobar (conversa comigo) 21:00, 26 de abril de 2011 (UTC)
Ola: penso que entendin que furado (que por certo, na súa páxina de usuario di que deixou a galipedia) avisou que substituiu o ficheiro que traballosamente subín eu por outro similar que xa estaba en licenza commons. Ignoro como estaba nela (quitado que a subira o posible autor) porque é do arquivo familiar, pero no fondo tanto ten, porque a miña intención -fracasada- era que fose de dominio público. Deus escribe recto con renglóns tortos. --SHs 20:14, 28 de abril de 2011 (UTC)
- Mal raio me parta! Nin tolo pensei que poidera pasar isto. En realidade non fun eu, quero dicir, si que fun, pero indirectamente, pois o proceso o fixo automáticamente CommonsHelper, que teño utilizado noutras ocasións e sempre funcionou perfectamente, e eu nin siquera pareime a mirar o que fixo. Non o entendo moi ben, pero agora mesmo explícolle ó usuario o tema. Grazas e unha aperta para ti tamén, Furado 22:24, 28 de abril de 2011 (UTC)
- P.D. Xa lle expliquei o tema o usuario, e púxeme a súa disposición. Por certo, agora que xa está en Commons, habería que borrala eiquí, non? Tamén aproveito para dicir que alédame saber que por fin estades a tratar o tema de subir as imaxes a Commons en lugar de á Galipedia, para que estén a disposición de todo o mundo, e ademáis doutros inconvintes, poder evitar situacións coma ésta. Saúdos, Furado 22:56, 28 de abril de 2011 (UTC)
Ligazóns interlingüísticas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Ligaz\u00f3ns_interling\u00fc\u00edsticas","replies":[]}}-->
Boas HombreDHojalata, vin que me avisaches de que puxera ligazóns interlingüísticas nas categorías tamén, sen embargo na categoría do Torneo José Eduardo dos Santos de hóckey a patíns non é posible porque esa categoría non existe en ningunha outra wiki (nin sequera na catalá), por eso retirei o teu marcador, non é que se me esqueza ou non as quera poñer, únicamente que neste caso concreto é imposible polo momento, de feito a entrada do Torneo só existe en galego. Moitas grazas, un saúdo Piquito(conversa)
Airas Bispo
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Airas_Bispo","replies":[]}}-->
Creo que mejor que nadie sé donde nació Airas Bispo, pues yo soy su madre y sé de muy buena tinta -porque yo estaba presente- que nació el 23 de Julio de 1.997 en el Hospital Nuestra Señora de la Esperanza de Santiago de Compostela. Por tanto os ruego dejéis de modificar sus datos, si es queréis que los que aparezcan sean ciertos.
Lugares
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Lugares","replies":[]}}-->
Hola Home de Lata, a día de hoxe vexo a tua mensaxe e pareceme ben a modificación que me propos asi que apartir de agora tentarei seguir o modelo segun ti propos. Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 12:39, 29 de abril de 2011 (UTC)
Lois Pereiro fr
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Lois_Pereiro_fr","replies":[]}}-->
Boas HombreDHojalata
Perdoa de falarche deso aqui pero penso que o leras mais pronto. Na wiki fr non podes retirar o marcador que di co artigo é orfo, xa que sò esta ligado ao Dia das letras galegas, unha ligazon ùnica non é suficiente. Estiven amañando o o artigo de Manuel Rivas, pero perdino todo. Por outra banda quero co artigo sexa, ainda que pequeno de calida minima, teño algun material para encher un pouco as secions que anuncié.
Ten confianza vou fazer algo que paga a pena. Gracias por engadir as obras. Saùdos cordiales --Elvira (conversa comigo) 23:36, 2 de maio de 2011 (UTC)
- Inda queda moito traballo pendente, pero penso que podes tranquilizarte un pouco w:fr:Lois Pereiro. Permitome contarcho por seres un wikipedista mui serio e comprometido niste tema. Saùdos cordiales --Elvira (conversa comigo) 01:37, 4 de maio de 2011 (UTC)
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Grazas_polas_correci\u00f3ns,_as_informaci\u00f3ns,_e_as_ferramentas","replies":[]}}-->
Ola HombreDHojalata. Moitas grazas polas túas correccións no artigo Supersticíón. Realmente, batín o récord de erros lingüísticos e mecanográficos. Este día debía de andar un algo máis atontado do do habitual en min. E máis e mellores grazas polas ferramentas que me achegas. Seguro que me van vir moi ben para mellorar.
Ultimamente estou dedicándome fundamentalmente a pasar a azul as palabras que saen en vermello no artigo Ciencia (que é o meu fillo predilecto). Pero, como seguro que terás comprobado, algún dos artigos que editei teñen que ver coa filosofía, a teoloxía, a epistemoloxía, etc., temas que, obviamente, non domino (dominar, non domino ningún, pero de algúns, algúns coñecementos (perdón pola redundancia), teño. Seguramente ti coñecerás a algúns wikipedistas que coñezas eses temas, e podías animalos a que melloraran eses artigos.
Moitas grazas por todo. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 13:51, 8 de maio de 2011 (UTC)
aspecto daspáxinas editadas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-aspecto_dasp\u00e1xinas_editadas","replies":[]}}-->
Deixoume unha mensaxe suxerindo que puxera entraducion ou enuso nas páxinas que estaba editando. Paréceme ben, claro, pero o meu problema non é ese, senón que, ás veces, as páxinas que acabo de editar cámbianme de aspecto (desaparece a barra lateral, os botóns, os debuxos cambian de sitio, é todo máis largo, cambia a tipografía...). Non sei a que se debe ou se fixen algo mal ou se o público vai ver as páxinas así ou só eu, pero non sei como arranxalo ou se ten importancia ou non. Espero que sexa aquí onde se deixan as mensaxes.
Miguelferig
Miguelferig 14:07, 9 de maio de 2011 (UTC)
Sinbad / Simbad
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Sinbad_\/_Simbad","replies":[]}}-->
Ola! Graciñas polo aviso, aínda me custa asumir que o título da obra de Cunqueiro é Sinbad, púxeno automaticamente sen fixarme. Agradecido! --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:00, 9 de maio de 2011 (UTC)
Fung Fu
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Fung_Fu","replies":[]}}-->
Grazas pola recomendación sobre os ocos en vermello na páxina de Lois Pereiro e perdoa pola demora en contestar a túa mensaxe. Si, farei a páxina de Kung Fu. Pasa un bo día e que teñas unha estadía na Galipedia. Un saúdo.--Chairego apc 13:02, 12 de maio de 2011 (UTC)
Proba
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Proba","replies":[]}}-->
Grazas pola aclaración. Quedou mellor así? O malo, é que só hai unha páxina das referenciadas na Galipedia, a Proba (ciencia) que acabo de editar hai un pouco. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 22:16, 16 de maio de 2011 (UTC)
- Non sei se fixen ben o da sinatura. Por favor, indícame. (O que fixen foi poeñer Usuario:Xoio, como me dixeches. ----Usuario:'''Xoio''' (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 08:43, 17 de maio de 2011 (UTC)
- No primeiro intento, non saíu ben. Seica tiña que quitar as "commas" da letra negra. Agora penso que sa está ben. Grazas. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 08:46, 17 de maio de 2011 (UTC)
- Así? Creo que si. Moitas grazas. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 09:02, 17 de maio de 2011 (UTC)
Modelo
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Modelo","replies":[]}}-->
Ok, non pasa nada. --Vivaelcelta 19:56, 25 de maio de 2011 (UTC)
Imaxe
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Imaxe","replies":[]}}-->
Guau! Grazas pola imaxe! Que programa usas? Inkscape? --Toliño Fala aquí comigo 14:04, 9 de xuño de 2011 (UTC)
- Vaites, menudo choio! Certamente non se me ocorrera o Paint... eu pensara no Inkscape ou mesmo no Photoshop. Bueno, o importante é que a túa imaxe xa loce na Taberna! --Toliño Fala aquí comigo 15:23, 9 de xuño de 2011 (UTC)
República Checa
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Rep\u00fablica_Checa","replies":[]}}-->
Grazas polo aviso, bótolle un ollo agora a ver se o arranxo. Un saúdo!--Adorian (fálame) 20:06, 9 de xuño de 2011 (UTC)
Enlaces da Revista " Nós"
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Enlaces_da_Revista_\"_N\u00f3s\"","replies":[]}}-->
Nos enlaces da Revista Nós, en concreto cun blog onde están colgando os número completos escaneados da revista, non ten sentido facer os enlaces directamente con cada revista, en primeiro lugar porque está aparecendo un número novo cada semana, e outro porque no caso de que se fose actualizando continuamente a medida que van aparecendo os novos artigos, haberá unha lista de máis de 200 enlaces neste artigo.--Boirense 11:37, 10 de xuño de 2011 (UTC)
Case é mellor poñer o enlace ao blog, e non onde están albergados, porque no blog podese buscar artigos por escritor. --Boirense 20:07, 10 de xuño de 2011 (UTC)
Si e non. Non pensara niso, pero non sei se estará de máis ou non. Hai algunha política ó respecto? De tódolos xeitos, fíxeno só por que metín gabián e movín sílicua, acabo de rematar e agora non podo seguir. Iso é bo traballo para un BOT. ;) Sobreira (parlez) 16:05, 10 de xuño de 2011 (UTC)
RE: Reto
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-RE:_Reto","replies":[]}}-->
Inténtamo poñer máis difícil a vindeira vez! ;P O código é o seguinte:
/* Para que non saian algunhas cousas na Portada */
body.page-Portada #deleteconfirm,
body.page-Portada #t-cite,
body.page-Portada #footer-info-lastmod,
body.page-Portada #siteSub,
body.page-Portada #contentSub,
body.page-Portada h1.firstHeading {
display: none !important;
}
body.page-Portada #mp-topbanner {
margin-top: 0 !important;
}
Para a aparencia por defecto, a chamada Vector, hai que incluílo en MediaWiki:Vector.css. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:36, 12 de xuño de 2011 (UTC)
Primeiras edicións
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Primeiras_edici\u00f3ns","replies":[]}}-->
Grazas polos apuntes en Conversa:Carles Capdevila i Plandiura. Son novo nesto e hai moitas cousas que se me escapan, vou moi pouco a pouco. De tódolos xeitos, no comentario que apuntas, de verdade cres que non se entende o que quería dicir? Tiña entendido que iso é o formalismo que hai que escribir na páxina de conversa para apuntar que o artigo ten orixe noutro doutra lingua. Creo que a túa pregunta é tan retórica como a seguinte que fago eu.
Por outra banda, cando escribo un artigo, eu persoalmente non o sei escribir na folla de edición, e unha vez que o pego na folla de edición vexo os erros que poida ter (moitos), por eso vounos modificando un a un e pouco a pouco. Non sei se ten moito sentido que faga fincapé en todo o que cambio. Non sei se porque sexa na folla de conversa ten unha "normativa" distinta.
Ademáis, no que respeta á modificación da páxina de conversa (ou engadirlle a frase "primeira edición"), neste caso se efectivamente se da o caso de que alguén non entende o que quere dicir, penso que tería sentido que a forma correcta fose o primeiro que se lee, e non que estivese moitas liñas máis abaixo. Espero non estar liando moito o tema. Saúdos --Acandals 11:37, 14 de xuño de 2011 (UTC)Acandals
Resumo da edición
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Resumo_da_edici\u00f3n","replies":[]}}-->
Disme no teu comentario que máis que na páxina de conversa é convinte indicar que o artigo proven dunha tradución doutra lingua no "Resumo da edición". Por favor, podes indicarme onde está o resumo de cada edición? Grazas e saúdos. --Acandals 12:04, 14 de xuño de 2011 (UTC)Acandals
Artigo en diferentes linguas
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Artigo_en_diferentes_linguas","replies":[]}}-->
Se hai un artigo que está dispoñible en distintas linguas, como podo facer para, una vez creado ese artigo en galego, que en tódalas linguas apareza a ligazón ó artigo en galego?
Por exemplo, o artigo EMC Corporation agora mesmo está dispoñible en 15 linguas distintas e acabo de engadir o artigo en galego (decimosexta lingua dispoñible).
Teño que ir engadindo a ligazón ó galego en todas e cada unha das 15 linguas anteriores? Hai forma de que automaticamente en tódalas linguas teñan ligazón automática ó artigo en galego? --Acandals 13:52, 14 de xuño de 2011 (UTC)Acandals
Categorías
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Categor\u00edas_2","replies":[]}}-->
Acabo de ver o teu comentario na categoría das cervexas en Cataluña e pasei o artigo da cervexa Moritz á categoría de marcas de cervexa, a idea era incluír algunha outra cervexa de Cataluña á categoría como a Damm, pero de momento poderemos prescindir da categoría, o que non sei é cómo borrala, xa haberá tempo de creala de novo se se dá o caso, podes borrala ti se queres, pero en todo caso agradeceríache que me dixeras cómo borralas para futuras ocasións. Un saúdo Piquitoconversa
Historia da enfermaría
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Historia_da_enfermar\u00eda","replies":[]}}-->
Moitas grazas pola túa axuda e consellos. Na revisión lingüística que fixen, pasei por alto numerosos erros: se cadra, pola tendencia que hai a ler, no que un escribe, o que tiña que estar e non o que está escrito. En calquera caso, vexo que teño que facelo con máis coidado e atención, sen présas. Grazas. (E do Libro de estilo, xa fixen copia en papel, para telo máis a man). ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 13:36, 16 de xuño de 2011 (UTC)
Diaconisa
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Diaconisa","replies":[]}}-->
Bótalle unha ollada a Diaconisa, a ver se xa quedou ben, ou hai que seguir modificando. Grazas. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 14:51, 21 de xuño de 2011 (UTC)
- Grazas. Creo que como quedaron agora as ligazóns externas son máis que suficientes. ----Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 17:17, 22 de xuño de 2011 (UTC)
Administrador
__DTELLIPSISBUTTON__{"threadItem":{"headingLevel":2,"name":"h-","type":"heading","level":0,"id":"h-Administrador","replies":[]}}-->
Parabéns! Xa es administrador da Galipedia. Ogallá vaia todo ben e xa sabes onde estou para as dúbidas coas novas funcións. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:46, 22 de xuño de 2011 (UTC)
- Parabéns!, e que lle des ben ós botóns :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:06, 23 de xuño de 2011 (UTC)
- ¿Queres dicir bibliotecario?. Home agradézoche moito a oferta pero eu non creo que esté á altura... Das políticas coñezo só as que vou usando algo (e aínda así xa viches cómo metín a zoca o outro día co das imaxes), as miñas edicións aínda son escasas, e co asunto dos bloqueos e borrados non estou seguro que me dé apañado. Tamén penso que debe haber outros usuarios que teñan máis experiencia no proxecto ca min. Pero que conste que estou aberto a axudar en todo o que poda, só tedes que dicirmo. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 22:54, 23 de xuño de 2011 (UTC)
- Súmome ás felicitacións! Ánimo coas novas tarefas, que estou seguro que farás con bo criterio. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:47, 24 de xuño de 2011 (UTC)