A conurbación do sur de Manchuria é un continuo urbanizado da provincia de Liaoning, no sur de Manchuria, rexión histórica do nordeste da China.
Esténdese coma un corredor urbano que de norte a sur ocupa a beira oriental da chaira aluvial do baixo Liao: Shenyang, a capital da provincia, unha das grandes cidades chinesas e a máis importante da rexión, conurbada á súa vez co centro industrial mineiro de Fushun. Ao sur de Shenyang enseguida aparece outra gran conurbación, a de Anshan, cun dos complexos siderometalúrxicos maiores do mundo, e Liaoyang, coa gran cidade mineira (carbón e ferro) de Benxi ao leste. E seguindo cara ao sur, a cidade menor de Haicheng preto xa do importante porto de Yingkou, a beira do golfo de Bo Hai no Mar Amarelo.
A rexión urbana especialízase na extracción de minerais e a súa transformación industrial.
Conurbación do sur de Manchuria:
- C Shenyang-Fushun: 8 700 000 hab.
- C Anshan-Liaoyang: 2 900 000 hab.
- AM Benxi: 1 310 000 hab.
- AM Haicheng: 450.000 hab.
- C Yingkou-Panjing (Panshan): 1 550 000 hab.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas