Conservas La Coca é unha empresa conserveira galega con sede en Redondela.
Foi fundada no ano 1961 por José Rodríguez Lago.[1] Após o seu pasamento en 1979, a dirección da empresa ficou en poder dos seus fillos. O seu principal nicho de comercio é a exportación exterior.
Descrición
A súa sede atópase no fondo da ría de Vigo, na enseada de San Simón (Redondela). Entre as súas instalacións atópanse unha plante de procesado de peixes e mariscos, unha planta de embalaxe e un edificio de oficinas.
Entre os produtos que comercializa, destacan as conservas de atún, sardiñas, cefalópodos, ameixas, navallas, zamburiñas e ovos de ourizo de mar.
En 2002 os beneficios de facturación achegáronse aos 3 millóns de euros.[2]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas