O Consello de Galiza, subtitulado Boletín Oficial Informativo, foi unha publicación en galego do Consello de Galiza, o organismo no exilio fideicomisario da vontade de autogoberno galego que se lexitimaba no plebiscitado Estatuto de autonomía de Galiza de 1936. Foi publicado en Buenos Aires no período entre 1963 e 1967.[1] Da súa redacción encargáronse Moisés da Presa, Luís Guede Rodríguez, Manuel Pedreira Rumbo, Ricardo Flores e Manoel Pazos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas