O Consello Insular de Formentera (en catalán: Consell Insular de Formentera) é a institución de autogoberno da illa de Formentera, nas Baleares, que exerce as funcións de concello e de consello insular.
Creouse en 2007 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. O novo Consello foi constituído 45 días despois das eleccións locais do 27 de maio de 2007, o 10 de xullo do mesmo ano. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.
Historia
O Consell de Formentera xorde logo da separación do seu órgano antecesor, o Consello Insular de Eivisa e Formentera que dispoñía o Estatuto. A proposta foi aprobada no pleno municipal o 15 de decembro de 2005, e incluída no artigo 60 do Estatuto aprobado o 13 de xuño de 2006.
O 17 de novembro de 2009 o Consello de Formentera escolleu unha nova bandeira e un novo escudo para a corporación.[2]
Composición
O Consello de Formentera está formado por trece conselleiros, que son ademais concelleiros, elixidos cada catro anos nas eleccións locais.
Eleccións de 2007
As primeiras eleccións ao Consello, que tiveron lugar o 27 de maio de 2007, gañounas Gent per Formentera, unha formació localista e de esquerdas que obtivo máis de 1.100 votos e 5 concelleiros, máis de 100 votos máis que o PP, que tivo pouco máis de 1.000 e 4 concelleiros. Máis lonxe, o Partido Socialista en Formentera e o Grupo de Independentes de Formentera obtiveron 2 concelleiros cada un.
Os socialistas e Gent per Formentera chegaron a un acordo polo que Jaume Ferrer Ribas foi elixido alcalde de Formentera e, consecuentemente, presidente do primeiro Consello de Formentera.
Nas eleccións do 22 de maio de 2011Gent per Formentera volveu ser o partido máis votado, pero esta vez goberna en minoría, sen conseguir acordo co PSIB-PSOE.