Na anatomía humana, a canleóptica ou conduto óptico[1] é un conduto de 10 mm de lonxitude situado na base do cranio polo que discorre o nervio óptico, que é o que transmite a información visual do ollo ao cerebro. Hai dúas canles ópticas, unha dereita e outra esquerda.[2]
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
As lesións na cabeza poden provocar unha fractura a nivel da canle óptica que ás veces dana a estrutura do nervio óptico e provoca a perda total ou parcial da visión do ollo afectado. Por outra banda, algúns tumores como o glioma do nervio óptico provocan un aumento do diámetro do buraco óptico.
Galería de imaxes
Os sete ósos que se articulan para formar a órbita.