En 1853, o condado de Fulton foi creado a partir da metade occidental do condado de DeKalb. Ata ese entón, a cidade de Atlanta atopábase dentro do condado. De feito, durante a Guerra de Secesión, gran parte da Batalla de Atlanta loitouse dentro do condado de DeKalb.
Xeografía
Segundo a Oficina do Censo, o condado ten unha área total de 702 km², do cal 695 km² é terra e 7 km² (5,52%) é auga.
No censo de 2000, houbo 665 865 persoas, 249 339 fogares e 156 584 familias residindo no condado.[2] A densidade de poboación era de 2 483 persoas por milla cadrada (959/km²). No 2000 habían 261 231 unidades unifamiliares nunha densidade de 974 por milla cadrada (376/km²). A demografía do condado era de 35,82% brancos, 54,23% afroamericanos, 0,23% amerindios, 4,01% asiáticos, 0,05% insulares do Pacífico, 3,53% doutras razas e 2,12% de dúas ou máis razas. 7,89% da poboación era de orixe hispana ou latina de calquera raza.[2]
A renda media para un fogar do condado era de $49 117 e o ingreso media para unha familia era de 54 018 $. En 2000 os homes tiñan un ingreso medio de 36 270 $ fronte a $31 653 para as mulleres. A renda per cápita para o condado era de 23 968 $ e o 10,80% da poboación estaba baixo o limiar de pobreza nacional.