Conceyu Nacionalista Astur

Conceyu Nacionalista Astur (CNA)
Partido político de Asturias
Dirixentes e organización
LíderÁnxelo Zapico
(Secretario Xeral)
Historia
Fundación1976 (disolto en 1981)
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
Socialismo
Outros datos
SedeMieres
PublicaciónAsturies Dixebrá

O Conceyu Nacionalista Astur ou CNA foi o primeiro partido nacionalista de Asturias. Fundouse en 1976 por iniciativa dun grupo de xente nova que reclamaba para Asturias o recoñecemento nacional por parte do estado español e a realización da revolución socialista. Ánxelo Zapico era o seu secretario xeral, entre outros contaba con xente como Xosé Lluis Carmona, Dubardu Puente e David Rivas. Algúns dos seus militantes foron detidos acusados de colaborar con ETA, unha acusación que o partido negou.[1] Algúns dos seus membros cumpriron cadea por estas acusacións.[2]

CNA disolveuse en 1981 e os seus militantes acabaron por entrar en diferentes organización da esquerda nacionalista como o Ensame Nacionalista Astur.

Eleccións

Eleccións xerais 1979: 3.049 votos (0.57%)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Miguel Ángel González Muñíz; Los partidos políticos de Asturias. 1982 (pages 59–62)
  • Patrick W. Zimmerman; Faer Asturies. La política llingüística y la construcción frustrada del nacionalismu asturianu (1974-1999).” Editorial Trabe, 2012.