Acevedo do Río foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1836 e 1968.
Xeografía
Situado na comarca da Terra de Celanova, comprendía tres parroquias: Acevedo do Río, Alcázar de Milmanda e Milmanda. Tiña unha extensión de 18 quilómetros cadrados e unha poboación que chegou a superar os 2000 habitantes na primeira metade do século XIX.[1]
Historia
Creouse por decreto de 15 de xullo de 1836. Até 1916 recibía simplemente o nome de Acevedo, pero nese ano pasou a ser chamado Acevedo do Río para distinguilo doutros concellos de España (Acebedo en León)[2]. O 8 de xaneiro de 1968 incorporouse ao concello de Celanova.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos