Fangatau é unha comuna da subdivisión Tuamotu-Gambier na Polinesia Francesa, situada ao nordés do arquipélago.
A comuna consta de dúas comunas asociadas formadas por dous atois: Fangatau e Fakahina. Son dous atois pequenos, illados e pouco poboados. Xunto con Puka Puka forman unha das sete áreas lingüísticas de Tuamotu chamada fagatau.