Compromisu por Asturies (Compromiso por Asturias) é unha formación política asturiana.[1] A súa ideoloxía é o nacionalismo asturiano de esquerdas.
Creouse o 23 de xuño de 2012 tras o proceso de converxencia aberto polo Bloque por Asturies e Unidá Nacionalista Asturiana, coa incorporación de independentes.[2][3]
Tivo como precedente a coalición Bloque por Asturies-UNA: Compromisu por Asturies formada por ambos partidos para as eleccións autonómicas do 2011 e do 2012, sumándose nestas últimas Los Verdes-Grupo Verde.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas