Coming Apart é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Body/Head, publicado o 10 de setembro de 2013 a través do selo Matador Records. Gravado en Easthampton, Massachusetts a finais de 2012, Coming Apart conta con arranxos experimentais de noise rock xunto con letras principalmente de temática feminista.
Tras a súa edición, Coming Apart tivo polo xeral críticas favorables. As voces de Gordon e a produción mínima do traballo foron loubados polos críticos, e as técnicas de guitarra de Nace e as estruturas libre do dico foron comparadas ás primeiras edicións de Sonic Youth, banda á que pertencía Gordon.
Listaxe de cancións
Toda a música composta por Kim Gordon e Bill Nace.