Coma cans e gatos (en inglés: Cats & Dogs) é un filme estadounidense-australiano de 2001 dirixido por Lawrence Guterman e escrito por John Requa e Glenn Ficarra. Está protagonizado por Jeff Goldblum, Elizabeth Perkins e Alexander Pollock, coas voces de Tobey Maguire, Alec Baldwin, Sean Hayes, Susan Sarandon, Charlton Heston, Jon Lovitz, Joe Pantoliano e Michael Clarke Duncan. A historia céntrase nas relacións entre gatos e cans, representadas como unha intensa rivalidade na que ambas partes usan organizacións e tácticas que reflicten as usadas na espionaxe humana. Foi lanzado por Warner Bros. Pictures o 4 de xullo de 2001. Recibiu críticas mixtas e gañou 200,7 millóns de dólares sobre un orzamento de 60 millóns de dólares.
Estreouse en galego o 26 de maio de 2005 a través da TVG.[4]
Personaxes
Voces
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Cats & Dogs (2001)". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 18 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Cats & Dogs (2001)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "Cats & Dogs (2001)". Box Office Mojo. Consultado o 29 de maio de 2008.
- ↑ La Voz de Galicia, 26 de maio de 2005. Páx. 63