Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Tipocolexio profesional
Data de fundación2000
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.xornalistas.gal/
Facebook: colexiodexornalistas Twitter: xornalistas Instagram: colexiodexornalistas Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha asociación que agrupa os periodistas de Galicia co propósito de mellorar as súas condicións laborais, garantir a súa independencia e liberdade de prensa, e evitar á sociedade as informacións tendenciosas e deformadas. Foi creado no ano 2000, e desde o 2016 o seu decano é Francisco González Sarria. Ten a súa sede en Santiago de Compostela.

Actividades

En decembro de 2008 aprobouse o código deontolóxico do xornalismo galego, co obxectivo de garantir o dereito da sociedade a recibir unha información plural, veraz e independente. Establece os puntos básicos para a ética da profesión, e propón a creación dun Consello da Comunicación de Galicia.

Na defensa das persoas colexiadas, a entidade presenta de oficio denuncias e recursos de amparo. Amais, realízanse cursos de formación, xornadas e foros. Emítense informes e publicacións e redáctanse comunicados puntuais. Participou como convidado en comisións parlamentarias, como a da reforma da CRTVG.

Historia

O Colexio Profesional intentou crearse a comezos da década de 1980, pero non se levou adiante pola discusión sobre se admitir no seu seo todos os profesionais en activo ou limitalo ás persoas licenciadas en Ciencias da Información e membros das Asociacións da Prensa xa existentes en Galicia. A iniciativa foi retomada en 1996, logo da creación da Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela da man das Asociacións da Prensa de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Vigo, Asociación de Licenciados e Doutores, a Asociación de Periodistas de Galicia, a Asociación de Periodistas da Coruña e a Asociación de Xornalistas de Vigo. En novembro de 1997 aprobouse a creación do Colexio, e constituíuse unha comisión xestora para levar a cabo os trámites necesarios. A creación do Colexio foi aprobada por unanimidade no Parlamento Galego o 24 de febreiro de 1999.

Aceptouse o ingreso de todos os profesionais en exercicio, sen importar a súa titulación, até o 30 de setembro de 1999, momento a partir do cal se esixiría o título correspondente. Nun principio presentáronse 1.300 solicitudes, e aceptáronse algo máis de 1.000. A Asociación da Prensa de Vigo decidiu abandonar o Colexio ao non estar conforme con este criterio.

A Comisión Xestora elaborou o proxecto de Estatutos e organizou a Asemblea Xeral na que se aprobaron e foi elixida a Xunta de Goberno, celebrada en Santiago de Compostela o 8 e 9 de abril de 2000. Os Estatutos foron publicados no Diario Oficial de Galicia o 17 de xullo de 2000.

Xunta de goberno

Xosé Manuel Pereiro, vicedecano.

A Xunta de Goberno está formada polo decanato, o vicedecanato, a secretaría, a tesoureiría e por 8 vogais.

Desde o ano 2020, estes cargos os desempeñan[1]:

A primeira xunta de goberno (2000-2004) estaba formada por Xosé María García Palmeiro (decano), Xosé Luis Muñoz Portabales (vicedecano), María Isabel Quintairos Blanco (secretaria) Xosé de Cora Paradela (tesoureiro), Manuel Rivas, Antón Luaces Teixido, Fernando Varela Bibián, Amaia del Olmo Legorburu, Francisco Xosé González Sarria, Xosé Andrés Vázquez Hermida, Darío Janeiro Pereira e Eva Fernández Sandino (vogais).

Entre o 2004 e 2008 a Xunta de Goberno estivo composta por Xosé Manuel Vega Gómez (decano), Antón Luaces Teixido (vicedecano), Fernando Varela Bibián (secretario), Darío Janeiro Pereira (tesoureiro), Luís Álvarez Pousa, Francisco González Sarria, Elvira Varela Fernández, Xosé Andrés Vázquez Hermida, Ainhoa Apestegui Beriain, Anxo Quintela González, Sonia Vizoso Pérez, Rebeca Romero Rodríguez, Juan Freire Besteiro, Elva Otero Radío e Manuel Vilas López (vogais).

Entre 2008 e 2012 a Xunta conformárona Xosé Manuel Pereiro (decano), Marcos Sanluis López (vicedecano), Francisco López Iglesias (secretario), Darío Janeiro Pereira (tesoureiro), Luís Álvarez Pousa, Francisco González Sarria, Ana Belén Puñal Rama, Rosa Aneiros Díaz, Xosé Manuel Rodríguez Durán, Leticia Vilar Pumares e Marcos Mosquera Domínguez (vogais).

Entre 2012 e 2016 a Xunta conformárona Xosé Manuel Pereiro (decano), Rosa Aneiros Díaz (vicedecana), Marcos Sanluis López (secretario), Darío Janeiro Pereira (tesoureiro), Marcos Mosquera Domínguez, Rita Alonso Pérez, Pilar Piñeiro Pérez, Francisco López Iglesias, Belén Regueira Leal, Mónica Ares Gómez, Xosé Manuel Rodríguez Durán e Francisco González Sarria (vogais).

Entre 2016 e 2020, a Xunta conformárona Francisco González Sarria (decano), Xosé Manuel Pereiro (vicedecano), Darío Janeiro Pereira (secretario), Manuel Vázquez Sola (tesoureiro), Marta Rodríguez Álvarez, Belén Regueira Leal, Abelardo Vázquez Pita, Natalia Sequeiro Sixto, Aida Pena Meis, Tania Fernández Lombao, Jaime Conde Guillade e Mónica Vidal Martínez (vogais).

Notas

  1. "Organigrama do CPXG". Consultado o 05/06/2020. 

Véxase tamén

Ligazóns externas