Colexiata de San Martín de Elines

Colexiata de San Martín de Elines.

A Colexiata de San Martín de Elines é un templo relixioso, situado a 1 km do centro do casarío de San Martín de Elines, no concello de Valderredible (Cantabria).

Historia

Construíuse sobre un mosteiro da época visigoda do cal quedan algúns restos no muro norte do claustro. A construción da colexiata está en torno ao 1060 no reinado de Fernando I, de estilo románico a igrexa ten 30 metros de lonxitude, excluído o claustro, é esvelta, con ábsida semicircular, con restos de pinturas románicas, con dúas arquerías superpostas e unha cúpula central con tellado a catro augas sostida por catro columnas anexas ao muro de cruceiro. Ten unha soa nave, rectangular e sen bóveda, á que está anexa unha torre cilíndrica que lle serve de campanario. A porta orixinal, que estaba no lateral sur, foi tapiada na Idade Media polo que hai que acceder desde o claustro, de planta irregular e con xardín central.

Os motivos das pinturas románicas eran Cristo partindo o pan e a representación dun apóstolo. Unha característica notable da colexiata é que conta con arredor dun cento de canzorros de temática fundamentalmente relixiosa de notable factura aínda que en desigual estado de conservación.