O Colectivo Hetaira foi un colectivo español sen fins de lucro en defensa dos dereitos laborais das prostitutas, con se na cidade de Madrid, e cofundado, entre outras persoas, por Cristina Garaizabal[1] e Mamen Briz[2] o 12 de marzo de 1995.[3] Segundo o propio Colectivo, a súa creación xordeu pola necesidade de se organizar para combater o estigma social que recae sobre as prostitutas e reivindicar os seus dereitos, por exemplo, a traballar tranquilas, a se organizar, a se sindicar, a cotizar; o apoio na denuncia de agresións, de chantaxes; a defensa colectiva ante os abusos de poder e, en xeral, favorecer a súa autoorganización na defensa dos seus intereses como traballadoras.[3] Desapareceu o 10 de decembro de 2019, tras 24 anos de activismo.[4]
Obxectivos e funcións do grupo
Os obxectivos autodeclarados do grupo, ao longo da súa existencia, foron os seguintes[3]:
- A defensa e a promoción da autonomía das mulleres, a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, así como a loita contra a violencia de xénero e as desigualdades por cuestións de xénero.
- A defensa e a difusión dos dereitos humanos e os valores democráticos de xustiza, liberdade, igualdade, solidariedade, laicismo, cooperación, resolución non violenta de conflitos, tolerancia e pluralismo.
- A solidariedade, o apoio e a defensa dos dereitos das persoas inmigrantes, promovendo a súa integración social, a súa igualdade en dereitos e oportunidades e o seu acceso á cidadanía; a loita contra todas as formas de discriminación racial e xenófoba; e a defensa dos valores de tolerancia e pluralismo cultural desde unha perspectiva intercultural.
- Aumentar e difundir os seus coñecementos, respecto á problemática relacionada coa prostitución.
- Crear un lugar de encontro para debate externo e interno en torno á problemática da prostitución.
- Loitar contra o estigma e a marxinación que sofren as persoas que exercen a prostitución.
- Loitar pola consecución dos dereitos das traballadoras sexuais.
- Detectar e apoiar ás vítimas de trata de seres humanos. A protección, atención, asistencia formativa, informativa, xurídica e psicolóxica das mulleres vítimas de trata obrigadas a exercer a prostitución.
- O apoio ás mulleres para a mellora da súa situación laboral, incidindo na súa formación (educativa e profesional), dándolle valor ao uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
- A promoción da saúde, a educación socio-sanitaria, a prevención do VIH (Sida) e ITS (Infeccións de transmisión sexual).
Premios
- Premio René Cassin aos Dereitos Humanos, outorgado polo goberno vasco (2003).[5][6]
- Premio de Dereitos Humanos da Apdha á súa traxectoria (2019).[7][8]
Notas
- ↑ ""El concepto de trata se ha construido como forma de control de la migración femenina" -". pikara magazine (en castelán). 2015-10-08. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ "Fanzine "Con la A" número 33, coordinado por Mamen Briz, 2014." (PDF).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Nosotras las Hetairas". Colectivo Hetaira (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2020. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ "Discurso de Hetaira al recibir el premio de la Apdha, diciembre de 2019." (PDF).
- ↑ "La asociación ´Hetaira´ recibe el premio René Cassin de Derechos Humanos por su labor de defensa de los derechos de las prostitutas y contra su marginación y exclusión social". EA - Eusko Alkartasuna (en castelán). 2003-12-15. Consultado o 2020-06-27.
- ↑ Uriarte, Natalia González de. "Las víctimas vascas de la dictadura franquista, premiadas por el Gobierno". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-06-27.
- ↑ Cádiz, Diario de (2019-12-04). "Derechos Humanos premia al colectivo feminista Hetaira por su defensa de las prostitutas". Diario de Cádiz (en castelán). Consultado o 2020-06-27.
- ↑ "Cádiz organiza una marcha cívica para que "el lema de libertad, igualdad y fraternidad sea una realidad"". lavozdelsur.es (en castelán). 2019-12-09. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 2020-06-27.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Outros artigos