Para outras páxinas con tÃtulos homónimos véxase:
Colantres.
San Salvador de Colantres[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Coirós. Segundo o IGE en 2013 tiña 289 habitantes (147 mulleres e 142 homes), distribuÃdos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 244 habitantes.
Cultura
Topónimo
Colantres barállase que sexa un antropónimo latino, mais do cal se descoñece o significado.[2]
Patrimonio
Igrexa de San Salvador de Colantres, de estilo románico do século XII.
EtnografÃa
Colantres na cultura popular
Existe unha curiosa lenda sobre a etimoloxÃa do topónimo Collantres. Cóntase que a Sagrada Familia Ãa andando por Galicia cara Betanzos. Como estaban cansos, pararon á sombra dunhas árbores a descansar, e entre elas habÃa algunhas maceiras. Pero o Meniño tiña sede e San Xosé non atopou ningunha fonte. Achegouse unha velliña que lle dixo que, a falta de auga, ben podÃa coller unhas mazás. San Xosé colleu unha, para o Meniño, pero a vella insisteu: Collan tres, collan tres, unha para cada un. E de aà colleu o nome o lugar.
Outros
Nunha casa de turismo rural local gravouse a serie de Televisión de Galicia Casa Manola.[Cómpre referencia]
Notas
Lugares e parroquias
Lugares de Colantres
Parroquias de Coirós
Véxase tamén
BibliografÃa
Outros artigos