Volvariella volvacea (coñecido como cogomelo da palla) é unha especie de fungo comestible cultivado amplamente no leste e sueste de Asia e usado na súa culinaria.
Nomes
En chinés, son chamados cǎogū (草菇, lit. "palla champiñón");[1] en Filipinas son coñecidos como kabuteng saging (fungo de banana); en thai chámanse het fang (เห็ดฟาง) e en vietnamita son chamados nấm rơm. En Asia é fácil conseguilos frescos, mais fóra dos países de cultivo véndense enlatados ou secos.
Cultivo
Estes fungos son cultivados en camas de palla de arroz e colleitados inmaturos, durante a fase de botón ou "ovo" e antes de que se abra o veo.[2] Son adaptables e necesitan de 4 a 5 días para madurar. Cultívanse en climas subtropicais, con alta pluviosidade anual. Non se coñecen rexistros do seu cultivo anteriores ao século XIX.[1]
Precaución
Parécese ao fungo velenoso Amanita phalloides, pero pode distinguirse porque a esporada da especie velenosa é branca e a da especie comestible é rosada. A súa confusión provocou algunhas intoxicacións en persoas tanto en California como en Australia, por exemplo.[3]
Notas