O Clube Nacionalista Alén-Nós é un grupo de debate político galego constituído en 1986.
Historia
Logo do resultado electoral de Coalición Galega nas eleccións autonómicas de 1985, algúns nacionalistas vinculados ao partido decidiron crear un grupo de debate para estruturar un galeguismo asumible como fórmula política. Para iso, comezaron a realizar conferencias e táboas redondas con diferentes personalidades co fin de coñecer as diferentes opinións.[1]
O fundador e primeiro presidente foi o médico e investigador etnográfico Luciano García Alén, coa colaboración de Perfecto Yebra Martul-Ortega, avogado e político galego, que asumiu o secretariado.
Os primeiros integrantes do club foron Xosé Manuel Barreiro,[2] Xesús Couceiro Rivas, José Manuel García Iglesias, José Antonio Gómez Segade, Xosé Manuel González Reboredo e María Luisa Sobrino Manzanares.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía