Clube Mariño Salnés

Clube Mariño Salnés
Tipoasociación
Data de fundación1998
SedeCambados
PaísGalicia
Na rede
https://cms.gal/
editar datos en Wikidata ]

O Clube Mariño Salnés é unha asociación deportiva e cultural fundada en Cambados en 1998. O seu obxecto social é a conservación, práctica, e promoción da navegación tradicional galega e a cultura mariñeira.

Traxectoria

A asociación conta cunha flota de tres dornas, coas que practica a navegación recreativa e competitiva durante a temporada estival. Parte da súa actividade é a organización de regatas de embarcacións tradicionais[1], exposicións divulgativas[2], e colaboración con outras entidades e asociacións na promoción da cultura tradicional galega no eido da navegación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas