Club Voleibol Torrelavega

Club Voleibol Torrelavega
Tipoequipe de voleibol
DeporteVoleibol
Data de fundación1966
SedeTorrelavega
PaísEspaña
Na rede
https://clubvoleiboltorrelavega.es/
editar datos en Wikidata ]

O Club Voleibol Torrelavega é un equipo de voleibol da localidade de Torrelavega, Cantabria (España). Trátase dun dos equipos con maior tradición do voleibol feminino español. Actualmente compite na Superliga, a máxima categoría deste deporte no estado español, baixo a denominación de Cantabria Infinita. Ao longo da súa historia competiu con diversos patrocinadores que lle deron nome como Caja Cantabria. Froxa e Sniace. O club foi fundado contra o 1966 no instituto Marqués de Santillana e xogou na División de Honra durante 23 tempadas consecutivas, dende a tempada 1975-76 ata a 1998-99. Tralo descenso de categoría, a súa difícil situación económica obrigoulle a renunciar en varias ocasións aos ascensos conseguidos na competición, ata que na tempada 2010-11, o equipo volveu á Superliga.

O Club Voleibol Torrelavega conseguiu o título de Liga en 1979 e foi subcampión en 1977, 1978 e 1980. Foi campión da Copa da Raíña en 1979 e 1980.

Palmarés

Véxase tamén

Ligazóns externas