Club Sal Lence |
---|
Fundación | 1984 |
---|
Presidente | VÃctor Siero |
---|
|
O Club Sal Lence de La Coruña de Fútbol Sala foi un club de futsal feminino da cidade da Coruña, campión da Primeira División de Mulleres de fútbol sala e Copa da RaÃña nos anos 90.[1]
Historia
Foi fundado en 1984 por VÃctor Siero no colexio Sal Lence do barrio coruñés dos Castros.[2] Formado por xogadoras coruñesas e dirixido por Manuel del Castillo, foi o primeiro club feminino que rexistrou o seu nome na lista da Real Federación Española de Fútbol.[3] Nos seus primeiros anos comezou a gañar competicións locais e rexionais e a partir de 1987 comezou a participar en torneos nacionais como a liga nacional e a copa antes de que estas fosen organizadas pola RFEF. Logrou os seus maiores éxitos entre 1994 e 1997, cando conquistou as dúas primeiras edicións da Primeira División, asà como dúas das tres primeiras Copas da RaÃña.[3]
A partir de 1999 comezou o seu declive, con senllos descensos á liga rexional e logo á provincial, o que provocou en 2005 a fusión do club co Viaxes Amarelle FSF, un equipo da localidade de Santa Comba.[4] Trala fusión, o club perdeu o seu nome e o Viajes Amarelle FSF cambiou a súa sede á Coruña, xogando os seus partidos na cidade.[5]
Palmarés
- Subcampión da Copa de España das tempadas 1989-1990 e 1990-1991.
- Campión da Copa de España da tempada 1991-1992.
- Subcampión da liga Nacional División de honra das tempadas 1990-1991 e 1991-1992.
- Campión da liga Nacional División de honra da tempada 1992-1993.
- Campión da Copa Ibérica das tempadas 1993-1994 e 1995-1996.
- Campión da Primeira División feminina de fútbol sala das tempadas 1994-1995 e 1995-1996.
- Campión de Copa da RaÃña de fútbol sala feminino da tempada 1995-1996.
- Campión do trofeo internacional SuperBowl das tempadas 1996-1997 e 1997-1998.
Selección española
Tres xogadoras do club -Ana Silva, Beatriz Seijas e MarÃa Varela- formaron parte da primeira selección española feminina de fútbol sala, selección que xogou o seu primeiro partido o 29 de decembro de 1990 en Narón, cunha vitoria por 4-1 contra Portugal.[6][7] Nuria e Celia Iglesias tamén foron internacionais.[1]
Notas