Club Natación A Coruña

Club Natación A Coruña
Tipoclub deportivo
Deportenatación, natación sincronizada e wáter-polo
Data de fundación1933
SedeA Coruña
PaísGalicia
Na rede
https://www.cncoruna.com
Facebook: clubnatacioncoruna Twitter: cncoruna1 Instagram: cncoruna Youtube: UCEHABQCQtVRZSXW24jbU53w Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Club Natación A Coruña ou CNC é un club deportivo con base na cidade da Coruña no que se practica a natación, a natación sincronizada e o wáter-polo.

Historia

O club formouse a partir dun grupo de nadadores e amigos que a inicios da década de 1930 se reunían para practicar natación nas praias da cidade. Máis adiante en 1941, constrúese o hotel Finisterre (hoxe en día o Hotel Hesperia Finisterre), cun complexo deportivo con piscina de 33 metros e trampolón que se denominou A Solana. Daquela só existía outro club en Galicia (o Club do Mar de San Amaro), incorporándose posteriormente o Real Club Náutico de Vigo.[1] O club comezou dedicándose exclusivamente á natación, mais foi incrementando as modalidades como o tenis de mesa, wáter-polo, judo, baloncesto, saltos, salvamento e socorrismo.[1]

Logros

Polo club pasou Fernándo Gómez-Reino Lecoq que máis tarde iría a os Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal. Na actualidade o CNC milita na Liga Galega de Waterpolo[1], e a súa sección de wáter-polo conta con 4 Ligas Galegas e 3 Copas Galegas.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 "Nuestra Historia – Cncoruna" (en castelán). Consultado o 2023-08-29. 

Véxase tamén

Outros artigos


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.