O Club Atlético Marbella foi un club de fútbol andaluz da cidade de Marbella, na provincia de Málaga. Foi fundado en 1947, chegou a ser o filial do extinto CD Málaga e desapareceu en 1997.
O Club Atlético Marbella naceu en 1947. A finais dos anos 1960, convértese en filial do extinto Club Deportivo Málaga.
Na tempada 92-93 debutou na Segunda División. Tras descender á Segunda B na tempada 1996-97 e acabar en última posición o que supuña o descenso á Terceira División, desapareceu por problemas económicos.
No mesmo ano (1997) fundouse a actual Unión Deportiva Marbella a cal ocupou a licenza que naquel entón utilizaba o Marbersula en Rexional Preferente e así aforrarse o ter que empezar de cero na entón Segunda Rexional Andaluza.
- Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias azuis.
- Uniforme alternativo: Camiseta azul, pantalón azul e medias brancas.
Estadio
O CA Marbella xogaba no Estadio Municipal de Marbella, con capacidade para 9.000 espectadores.
Datos do club
Palmarés
Véxase tamén