Clostridium phytofermentans é unha bacteria anaerobia obrigada, grampositiva con forma de bacilo. Forma esporas esféricas. Algunhas cepas desta especie parecen poder producir etanol, acetato, dióxido de carbono e gas hidróxeno por fermentación de celulosa, ácido poligalacturónico, e outros compostos comúns en biomasa de plantas.[1] O xenoma de C. phytofermentans contén máis de 100 hidrolases potenciais para realizar esta actividade, aínda que unha hidrolase (Cphy3367) parece ser esencial ao proceso.[2] Unha celobiohidrolase diferente, CpCel48, foi illada desta especie e exprésase en forma activa en Bacillus subtilis.[3]
Notas
- ↑ Thomas A Warnick, Barbara A Meth, and Susan B Leschine. Clostridium phytofermentans sp. nov., a cellulolytic mesophile from forest soil. Int J Syst Evol Microbiol July 2002 52:1155-60; doi 10.1099/ijs.0.02125-0.
- ↑ Tolonen, Andrew C.; Chilaka, Amanda C.; Church, George M. (1 December 2009). "Targeted gene inactivation in Clostridium phytofermentans shows that cellulose degradation requires the family 9 hydrolase Cphy3367". Molecular Microbiology 74 (6): 1300–1313. PMC 2810439. PMID 19775243. doi:10.1111/j.1365-2958.2009.06890.x.
- ↑ Zhang, Xiao-Zhou; Zhang, Zuoming; Zhu, Zhiguang; Sathitsuksanoh, Noppadon; Yang, Yunfeng; Zhang, Y.-H. Percival (15 October 2009). "The noncellulosomal family 48 cellobiohydrolase from Clostridium phytofermentans ISDg: heterologous expression, characterization, and processivity". Applied Microbiology and Biotechnology 86 (2): 525–533. PMID 19830421. doi:10.1007/s00253-009-2231-1.
Véxase tamén
Ligazóns externas