As clorófitas (ou clorófitos) ou Chlorophyta son unha división das algas verdes. O nome utilízase na literatura científica en dous sensos moi distintos, polo que debe terse coidado co significado que lle está dando cada autor. Estes dous sensos son:
Nos sistemas de clasificacións vellos, refírese a un grupo moi parafilético que comprende todas as algas verdes incluídas hoxe dentro das plantas verdes (Viridiplantae) e abrangue unhas 7.000 especies[7][8] de organismos eucarióticosfotosintéticos e maiormente acuáticos. Por tanto, incluiría tamén as carófitas. Para este significado véxanse máis detalles no artigo algas verdes.
Nas clasificacións máis modernas, o grupo defínese como un dos clados que constitúen as Viridiplantae, que están formadas polos clados das clorófitas e das estreptófitas. O clado Streptophyta consta de dúas divisións: Charophyta e Embryophyta.[9][10] Tomado neste senso Chlorophyta ten un significado máis restrinxido e comprende só unhas 4.300 especies.[5]
A división contén tanto especies unicelulares coma pluricelulares. Aínda que a maioría das especies viven en hábitats de auga doce e un gran número en hábitats mariños, outras especies están adaptadas a unha ampla variedade de ambientes. A alga Chlamydomonas nivalis, pertencente á clase Chlorophyceae, vive en zonas nevados de montaña. Outras especies viven pegadas ás rochas ou ás partes leñosas das árbores. Algúns liques son unha simbiose entre fungos e algas verdes (outros teñen bacterias fotosintéticas en vez de algas).
Moitas especies de Chlorophyta (tratadas como o que agora se considera un dos dous clados de Viridiplantae) son habitantes comúns de ambientes mariños, de augas doces e terrestres.[12][13] Varias especies adaptáronse a ambientes especializados e extremos, como desertos, ambientes árticos, hábitats hipersalinos, augas profundas mariñas e chemineas hidrotermais abisais.
[14][15][16] Algúns grupos, como as Trentepohliales encóntranse exclusivamente en terra.[17] Varias especies de Chlorophyta viven en simbiose con diversos eucariotas, como fungos (formando liques), ciliados, foraminíferos, cnidarios e moluscos.
[13] Algunhas especies de Chlorophyta son heterótrofas, e poden ser de vida libre ou parasitas, xa que perderon a capacidade de fotosintetizar.[18][19] Dúas especies comúns de algas verdes heterótrofas do xénero Prototheca mesmo son patóxenas e poden causar a doenza chamada prototecose en humanos e animais.[20]
Clasificacións
Utilízanse características como o tipo de zoide (célula reprodutora flaxelada), mitose (cariocinese), citocinese, nivel de organización, ciclo de vida, tipo de gametos, polisacáridos da parede celular[21] e máis recentemente os datos xenéticos para a clasificación das Chlorophyta. Móstranse varias clasificacións dadas por diversos autores:
Leliaert et al. 2012
Filoxenia simplificada de Chlorophyta, segundo Leliaert et al. 2012.[13] Nótese que moitas algas antes clasificadas como Chlorophyta foron resituadas aquí en Streptophyta.
↑Pascher A (1914). "Über Flagellaten und Algen". Berichte der deutsche botanischen Gesellschaft32: 136–160.[1]
↑Adl SM, Simpson AGB, Farmer MA, Andersen RA, Anderson OR, Barta JR, Bowser SS, Brugerolle G, Fensome RA, Fredericq S, James TY, Karpov S, Kugrens P, Krug J, Lane CE, Lewis LA, Lodge J, Lynn DH, Mann DG, McCourt RM, Mendoza L, Moestrup Ø, Mozley-Standridge SE, Nerad TA, Shearer CA, Smirnov AV, Speigel FW, Taylor MFJR (2005). "The new higher level classification of eukaryotes with emphasis on the taxonomy of protists". Journal of Eukaryotic Microbiology52 (5): 399–451. PMID16248873. doi:10.1111/j.1550-7408.2005.00053.x.
↑ 5,05,1Guiry, M.D. & Guiry, G.M. (2011). "AlgaeBase : Chlorophyta". World-wide electronic publication, National University of Ireland, Galway. Consultado o 2011-07-26.
↑Lewis, Louise A. & McCourt, R.M. (2004). "Green algae and the origin of land plants". Am. J. Bot.91 (10): 1535–1556. PMID21652308. doi:10.3732/ajb.91.10.1535.
↑De Wever, A.; Leliaert, F.; Verleyen, E.; Vanormelingen, P.; Van der Gucht, K.; Hodgson, D. A.; Sabbe, K.; Vyverman, W. (2009). "Hidden levels of phylodiversity in Antarctic green algae: further evidence for the existence of glacial refugia". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences276 (1673): 3591–3599. ISSN0962-8452. doi:10.1098/rspb.2009.0994.
↑Leliaert, Frederik; Verbruggen, Heroen; Zechman, Frederick W. (2011). "Into the deep: New discoveries at the base of the green plant phylogeny". BioEssays33 (9): 683–692. ISSN0265-9247. PMID21744372. doi:10.1002/bies.201100035.
↑Lopez-Bautista, J. M. (2006). "Molecular systematics of the subaerial green algal order Trentepohliales: an assessment based on morphological and molecular data". Int J Syst Evol Microbiol56 (7): 1709–1715. ISSN1466-5026. doi:10.1099/ijs.0.63990-0.
↑Tartar A, Boucias DG, Adams BJ, Becnel JJ (2002). "Phylogenetic analysis identifies the invertebrate pathogen Helicosporidium sp as a green alga (Chlorophyta)". Int J Syst Evol Microbiol52 (Pt 1): 273–9. PMID11837312.
↑Lobban, Christopher S.; Wynne, Michael James, eds. (1981). The Biology of Seaweeds. Botanical Monograph Series 17. University of California Press, p. 88.
↑Mattox, K.R. & Stewart, K.D. 1984. Classification of the green algae: a concept based on comparative cytology. Pp. 29‐72, In Irvine, D.E.G. & John, D.M. (eds.), The systematics of Green Algae. The Systematics Association, Special Vol. 27, Academic Press, London.