Claudio Díaz Milia

Modelo:BiografíaClaudio Díaz Milia
Biografía
Nacementooutubro de 1919 Editar o valor en Wikidata (105 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Outros nomesManolete Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor en Wikidata

Claudio Díaz Milia, coñecido como Manolete, nado na Coruña en outubro de 1919,[1] foi un policía galego.

Traxectoria

Fillo de Claudio Díaz González, un dos procesados na causa 240/46,[2][3] e Ángela Milia Díaz. Infiltrouse na guerrilla incorporándose xunto con José da Silva Bartolomé entre o 16 e o 19 de maio de 1946 a través de Manuel Bello Parga e pasou a formar parte do destacamento Santiago Álvarez da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Delatou a Enrique Ferreirós Candamo, Pedro Rodríguez Gómez, José Blanco Núñez, José Santiago Temprano e Antonio Recouso Boquete, atacados pola Garda Civil en xuño de 1946. Desertou o 28 de xullo de 1946 cando o grupo estaba nunha bodega preto de Ordes, aparecendo coa Garda Civil que se enfrontou aos guerrilleiros. Como consecuencia caeron un gran número de enlaces.

Vida persoal

Casou con María Luz Divina Iglesias Blanco en agosto de 1944.[4]

Notas

  1. El Ideal Gallego, 22-10-1919, p. 3.
  2. "Ayer se celebró un Consejo de guerra sumarísimo contra veintidós acusados de prestar auxilio a las partidas de bandoleros armados", La Voz de Galicia, 1-10-1946, p. 7.
  3. "Un Consejo de Guerra sumarísimo contra veintitrés acusados de integrar una organización comunista en La Coruña", La Voz de Galicia, 16-10-1946, p. 3.
  4. La Voz de Galicia, 18-8-1944, p. 2.

Véxase tamén

Bibliografía